EDUCACIÓN

Xornada de contacontos para reforzar a educación viaria dos máis pequenos en tres centros escolares do municipio

29/04/2015

A concelleira de Educación, Maite Cancelo, participou esta mañá na sesión de contacontos musical de educación viaria baseada no libro-CD aXente Corrente, Galo Mirindolo que se celebrou na Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños. Trátase dunha das actividades enmarcadas dentro do programa didáctico de educación viaria aXente Corrente, realizado por Agasalle Contenidos en colaboración co Concello de Santiago a través do seu Departamento de Educación. Ao longo da mañá...

Ler máis

DEPORTES

A carreira nocturna SantYaGo10K conta xa con máis de 1.800 inscritos

29/04/2015

A concelleira de Deportes, María Corral, presentou o circuíto homologado da carreira nocturna SantYaGo10K, prevista para o sábado 9 de maio, unha vez que este recibiu a verificación da Federación Española de Atletismo. A proba pasará por varias das rúas principais do Casco Histórico e do centro da cidade, para rematar na praza do Obradoiro. A día de hoxe, a carreira xa conta con 1.830 inscritos

Ler máis

EMPREGO

O Foro da Intermediación e o Emprego permite coñecer experiencias de éxito para reincorporarse ao mercado laboral ou conseguir a primeira oportunidade

29/04/2015

Santiago está a acoller un ano máis o Foro da Intermediación e o Emprego que reúne este mércores e xoves no Palacio de Congresos ás 3.000 persoas inscritas nas 62 actividades de formación e encontros con empresas. A estas cifras hai que sumar as máis de 100 ofertas de emprego das 63 empresas adscritas, ás que se apuntaron máis de 8.000 persoas.

Ler máis

CULTURA

Todo listo en Amio para o primeiro Lapso 2015, con The National como cabeza de cartel

29/04/2015

O Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, acolle este xoves o agardado concerto de The National, que actúan por primeira vez en Galicia. A banda de Ohio encabeza o cartel do Lapso 2015, unha nova cita de referencia no panorama español da música en directo enmarcada no ciclo Compostela Rock. Ademais de The National, polo escenario pasarán outras bandas de calidade, como os portugueses The Gift e os galegos Best Boy. Preto de 3.000 persoas gozarán desta programación, que se completa con sesións de DJ.

Ler máis
Compartir: