PLENO

O Pleno municipal ratifica créditos adicionais por preto de 2,5 millóns de euros para pavimentación de vías públicas e novos proxectos comerciais, turísticos e culturais

10/04/2015

A Corporación celebrou un pleno extraordinario no que se deu conta da liquidación do orzamento de 2014, que reflicte un superávit de case 1,9 millóns de euros. Esta cantidade, sumada ao aforro de 1,2 millóns de euros polo refinanciamento do crédito ICO solicitado en 2012 e ás baixas nas adxudicacións dalgúns proxectos, permitirá habilitar créditos por 3,1 millóns de euros, parte dos cales se destinarán a un novo contrato de pavimentación e a novos proxectos comerciais, turísticos e...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Concello e Colexio de Avogados renovarán o servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais

10/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a sinatura dun novo convenio do Concello co Colexio de Avogados de Santiago para renovar o servizo de mediación a través desta entidade, dirixido a comerciantes e propietarios para intentar acadar acordos na renovación dos seus contratos de aluguer. A Xunta de Goberno acordou dedicar 30.000 euros ao servizo durante este exercicio, dando continuidade a convenio no pasado mes de novembro por un importe de 5.000 euros.

Ler máis

CULTURA

Teatro, música e un espectáculo infantil de danza no programa cultural da fin de semana

10/04/2015

Dentro da programación cultural desta fin de semana teremos catro propostas, dúas sábado e dúas domingo, de teatro, danza, música e un espectáculo familiar. Na xornada do sábado, a compañía Entremáns presenta ás 18:30 horas, no Teatro Principal, Xoga, un espectáculo de danza dirixido aos máis pequenos da casa enmarcado dentro do ciclo de Danza e do Infantil & Familiar. Xa ás 20:30 horas e na Zona C teremos, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a segunda parte da...

Ler máis
Compartir: