ALCALDÍA

Hernández destaca o inicio dun "camiño sen volta atrás" para que Santiago conte cunha estación intermodal "proporcionada e axeitada" para a chegada da alta velocidade

30/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou a primeira fase da adaptación da estación de ferrocarril aos novo servizos da alta velocidade. No día no que se realiza a primeira viaxe en probas da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico, Hernández salientou que, grazas a esta primeira fase da adaptación – cun investimento previsto entre 15 e 20 millóns de euros- se inicia "un camiño sen volta atrás" que permitirá a Santiago de Compostela contar cunha infraestrutura "proporcionada e...

Ler máis

CULTURA

Concerto de Música Ficta no Festival de Músicas Contemplativas

30/03/2015

Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, que está desenvolvéndose durante a Semana Santa na nosa cidade, este martes teremos o concerto de Música Ficta no Convento de Santa Clara ás 20:30 horas. Presentan o programa Cristóbal de Morales… Requiem dirixidos por Raúl Mallavibarrena. As entradas son de balde, pero hai que retirar invitación antes no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto esta semana de 17:00 a 21:00 horas.

Ler máis
Compartir: