CENTROS SOCIOCULTURAIS
A campaña "Ler, contar e gozar coas letras" promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a campaña Ler, contar e gozar coas letras, que se desenvolverá de abril a xuño nos centros socioculturais da cidade. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
CONSORCIO
Outros dous Premios Nobel visitan Santiago convidados polo Programa ConCiencia
O xaponés afincado en Estados Unidos Ei-ichi Negishi e o británico Tim Hunt, ambos os dous recoñecidos co Premio Nobel na pasada década, estarán en Compostela os próximos meses convidados polo Programa ConCiencia de Divulgación científica que convocan o Consorcio da cidade e a Universidade de Santiago.
CULTURA
"El testigo", con El Brujo, e "Grooming", de Teatro de la Abadía, próximas citas teatrais
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron dúas das citas máis destacadas da programación de Teatro&Danza para este ano: El testigo e Grooming. Rafael Álvarez "El Brujo" protagoniza este venres 13, ás 21:00 horas no Auditorio, El testigo, adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, sobre a vida de Miguel Pantalón. E o xoves da seguinte semana, 19 de abril, tamén ás 21:00 horas,.../em>