CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto prazo de inscrición no Obradoiro de pequenos cineastas incluído no programa Compostela Cine Classics
O programa Compostela Cine Classics’12 inclúe entre as súas actividades un Obradoiro de pequenos cineastas, que desenvolverá os mércores 25 de abril e 2 e 9 de maio e os xoves 26 de abril e 3 e 10 de maio no Centro Sociocultural das Fontiñas. A inscrición neste singular obradoiro estará aberta ata o 18 de abril.
FACENDA E URBANISMO
O plan de axuste 2012-22 inclúe a absorción municipal de Emuvissa, que permitirá o aforro duns 13 millóns de euros neste período
O Pleno municipal aprobou nunha sesión extraordinaria o plan de axuste 2012-2022 que o Concello remitirá ao Ministerio de Facenda e a Administracións Públicas. O obxecto deste programa, segundo explicou a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, é "acomodar orzamentariamente a débeda de 15 millóns de euros que o Concello asumirá nos vindeiros dez anos para facer fronte aos pagos pendentes a provedores". Este Plan inclúe como medida máis destacada a absorción polo Concello da Empresa Municipal de Vivenda e...
CULTURA
Seis novos concertos no ciclo Sons 2012
Logo de The Gift, The Idan Raichel Project e Leilía, o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os seis novos concertos cos que finalmente queda conformado o ciclo Sons 2012. Así, a galega Orquesta Voland; o post-rock de Tortoise, chegados dende Chicago; e o folk-fusion de Eliseo Parra, estarán en abril e maio. En xuño chegarán as Noites de Fado con Mafalda Arnauth e Ana Lains, e o peche do ciclo co pop-folk celta da irlandesa Sharon Corr. O concelleiro...
ALUMEADO PÚBLICO
Santiago de Compostela súmase á Hora do Planeta co apagado do alumeado monumental do Concello e da Catedral
O Concello de Santiago sumarase este sábado, 31 de marzo, á Hora do Planeta. Por iso, dende as 21:00 ás 22:00 horas, permanecerá apagado o alumeado monumental do Concello e da Catedral. Tamén se desconectará o alumeado público na avenida de Lugo, dende o Hórreo ata San Caetano.
BENESTAR SOCIAL
Escasa incidencia do consumo de alcohol na rúa na noite do xoves 29
O Departamento de Benestar Social e UMAD detectou na noite do xoves 29 de abril unha escasa incidencia de consumo de alcohol na rúa. Nos espazos onde habitualmente se viñan celebrando concentracións de mozos, o lixo que se recolleu foi considerablemente menor que hai uns meses, como constatan as fotos que adxuntan á noticia, realizadas respectivamente na noite do xoves 29 de marzo e na noite dun xoves do mes de outubro de 2011.