EDUCACIÓN

Homenaxe musical a Uxío Novoneyra da man de SonDeSeu

06/05/2010

A Concellería de Educación rende a súa particular homenaxe a Uxío Noveneyra, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, cun concerto especial no Auditorio de Galicia, o venres 14 de maio, ás 21:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello únese á loita contra o cancro

06/05/2010

Como vén sendo habitual cada ano, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín, achegouse á mesa instalada pola Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), neste caso na rúa Xeneral Pardiñas, con motivo da súa campaña de cuestación anual. Alí entregou un cheque cun donativo municipal.

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

A fonte encontrada en San Clemente estaba xa en uso nos séculos XIV e XV

06/05/2010

O 21 de abril, na rúa San Clemente apareceron os restos dunha fonte mentres se facían os necesarios traballos para o traslado do transformador eléctrico que agora está situado baixo a rampla que vai dar a Rodrigo de Padrón. A concelleira da Cidade Histórica, Olga Pedreira, deu conta da información que o Concello ten, a día de hoxe, da que se pode cualificar como a fonte mais antiga da cidade. Durante a súa intervención estivo acompañada tamén pola arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro.

Ler máis

FESTAS

Pop na Ascensión reúne a Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston

06/05/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o festival Pop na Ascensión, que se celebrará o venres 14 de maio, ás 22:00 horas, no Campus Sur. Este festival de balde que forma parte do programa de actividades das Festas da Ascensión, terá como protagonistas a catro grupos destacados do panorama pop español: Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston, ademais de contar coa actuación do grupo compostelán gañador da segunda edición do Certame MúsicaXove na categoría de pop, Dirty Socks...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os participantes no seminario WEED coinciden en que a crise agrava a situación de desigualdade da muller no entorno laboral

06/05/2010

Os 40 expertos europeos que participan no Seminario internacional do Proxecto WEED, que se celebra en Santiago, coinciden en afirmar que o contexto de crise económica no que nos atopamos agrava a situación de desigualdade da muller no entorno laboral e empresarial. Tamén coinciden en sinalar que se non se realiza un maior esforzo en políticas de igualdade, a situación da muller neste aspecto retrocederá a niveis de hai cinco anos.

Ler máis
Compartir: