ALCALDÍA

Un foro de debate dá voz ás mulleres creadoras do cine e da televisión europea

05/05/2010

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle do 5 ao 7 de maio o II Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais). Nas sete mesas de debate previstas participan mulleres profesionais dos países da Unión Europea: directoras de cine e televisión, actrices, guionistas, produtoras, distribuidoras, profesoras universitarias, etc.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá pon en marcha o primeiro centro de mediación de Galicia

05/05/2010

A Concellaría de Participación Cidadá, a través da Asociación Galega de mediación e Igualdade de Xénero (AGAMIX), pon en marcha o Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI), o primeiro centro de mediación de Galicia. Este servizo gratuíto ofrecerá aos cidadáns a posibilidade de ser parte activa na resolución dos seus conflitos, pero coa mediación dirixida por profesionais.

Ler máis

TURISMO

O vídeo promocional de Turismo de Santiago gaña o Tourfilm Brazil 2010 na categoría de Destinos Turísticos

05/05/2010

O Tourfilm Brazil – Brazil International Tourism Film Festival acaba de premiar a Turismo de Santiago polo seu vídeo promocional Santiago é grande dentro da súa categoría de Destinos Turísticos. O festival celebrarase entre o 6 e o 8 de maio na cidade de Florianópolis, no Estado brasileiro de Santa Catarina. O día 7 haberá unha sesión na que se proxectarán os vídeos premiados nas distintas categorías, entre eles Santiago é grande. O día 8 Turismo de Santiago recibirá a...

Ler máis
Compartir: