XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas seis novas obras do FES 2010

18/05/2010

A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente na súa última sesión seis das obras incluídas no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010). Trátase das obras na rede de abastecemento de Marrozos, A Susana e Lavacolla; da renovación das rúas López Ferreiro e Arzúa; da mellora do pavillón polideportivo de Monte dos Postes; e do espazo multifuncional de Galeras.

Ler máis

IGUALDADE

Mesa redonda sobre o traballo en igualdade en Galicia

18/05/2010

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, moderará o vindeiro xoves, a partir das 20:00 horas, unha mesa redonda baixo o título "A Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia. Tres anos da súa aplicación práctica". A charla celebrarase no salón de actos da Cámara Oficial de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44 baixo).

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

V Xornada "Emprende en Compostela": A maioría das grandes empresas naceron en tempos de recesión económica

18/05/2010

Dezaseis das trinta empresas que cotizan no Dow Jones, iniciaron a súa actividade en tempos de recesión económica. Son datos expostos polo director de Área de Bic Galica, Jacobo García Durán, na ponencia inaugural da V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrou no Pazo de Congresos baixo o título Competitividade e innovación para o emprendemento e o crecemento empresarial.

Ler máis
Compartir: