NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello de Santiago homenaxea ao poeta Uxío Novoneyra e reitera o seu firme compromiso coa lingua galega

17/05/2010

Con motivo do Día das Letras Galegas, ademais da actuación da Banda de Música Municipal, a Concellería de Normalización Lingüística realizou unha lectura pública de textos do poeta homenaxeado, Uxío Novoneyra, a cargo de rapaces do CEIP Quiroga Palacios e do IES Eduardo Pondal. Tamén con motivo desta xornada, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, publicou un bando en defensa da cultura e da lingua galega.

Ler máis

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Unha delegación municipal comeza en Regensburg unha visita para presentar o programa Santiago-Une

17/05/2010

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, encabeza unha delegación municipal que comezou en Regensburg (Alemaña) un programa de encontros arredor do programa Santiago-Une: O Camiño de Santiago, une, integra e ilusiona ós cidadáns dende a Idade Media. Regensburg é unha das socias do proxecto no que tamén participan as cidades italianas de Asís e Narni, a portuguesa de Santiago do Cacem, a francesa de Rennes e Córdoba en España.

Ler máis
Compartir: