SERVIZOS

Máis de dez colectores queimados e unha caseta incendiada na avenida de Novoa Santos, balance da folga do lixo na madrugada do sábado ao domingo

16/05/2010

O Concello de Santiago reitera a súa enérxica condena aos actos vandálicos nos que está derivando a folga dos traballadores do servizo de recollida do lixo. Nesta última madrugada do sábado ao domingo, os Bombeiros tiveron que realizar 12 saídas para atender as diversas incidencias. O balance desta noite deixa entre 10 e 15 colectores queimados, maioritariamente arredor do Campus Sur.

Ler máis
Compartir: