SERVIZOS

Os actos vandálicos da folga do lixo deixan un balance na última madrugada de máis de 30 colectores queimados

15/05/2010

O Concello de Santiago expresa a súa enérxica condena dos actos vandálicos nos que está derivando a folga dos traballadores do servizo de recollida do lixo. Nesta última madrugada do venres ao sábado, os Bombeiros tiveron que realizar preto de 40 saídas para atender as diversas incidencias. O balance desta noite deixa entre 30 e 40 colectores queimados ata en 14 puntos diferentes, maioritariamente no rural.

Ler máis
Compartir: