ALCALDÍA

Máis de 600 escolares e veciños visitaron o Concello na Xornada de Portas Abertas

20/04/2010

O pazo de Raxoi, sede da Administración Local, celebrou a xa tradicional Xornada de Portas Abertas. Neste día, no que se conmemoraba xa o XXXI aniversario das Corporacións Democráticas, todos os composteláns e tamén os visitantes que quixeran coñecer por dentro o Concello podían achegarse ás dependencias municipais sitas na praza do Obradoiro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Xornada "Emprende en Compostela" chega á súa quinta edición o 18 de maio

20/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 18 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa 2010, que depende do Servizo de Apoio á Empresa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.

Ler máis

ALCALDÍA

Perfílanse os últimos detalles do Foro Mundial de Educación

20/04/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz e do comité organizador do Foro Mundial de Educación, en decembro de 2010. No encontro tamén participou Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, a outra entidade promotora do evento.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Entréganse os premios dos Certames Literarios da Rede de Centros Socioculturais

20/04/2010

O venres 23, Día do Libro, entregaranse os premios da IX edición do Certame de Relato Curto José Saramago e da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre, certames literarios que organiza a Concellaría de Centros Socioculturais. Os gañadores dos premios foron Alberte Momán, con Sermos un, na edición de poesía, e Diego Giráldez, con Un cometa para unha despedida, na edición de relato curto. A entrega de premios será na Biblioteca do CSC das Fontiñas...

Ler máis
Compartir: