TRANSPORTES

Memorias USB e chaveiros para promover o uso do transporte urbano

01/02/2010

A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), segue coa súa campaña promocional dirixida a fixar a imaxe para o transporte urbano e a promover o seu uso entre os cidadáns. Despois da primeira fase, realizada en decembro, agora chega a segunda, co reparto de chaveiros e memorias USB entre os usuarios.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Vinte e catro empresas beneficiáronse das axudas do programa Compostela Activa

01/02/2010

Ata 24 proxectos empresariais, dous máis que en 2008, beneficiáronse da liña de Axudas para a creación de novas empresas do programa Compostela Activa 2009, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, Compostela Activa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago. Para quen ten unha idea de negocio, pero non dispón de medios para materializala, organiza o...

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago acollerá unha reunión da Comisión de Cultura do Parlamento Europeo do 28 ao 30 de abril

01/02/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de representantes dos hostaleiros, empresarios e comerciantes da cidade, reuniuse co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, para analizar a promoción do Xacobeo 2010 e as liñas de traballo comúns na celebración do Ano Santo. Nesta xuntanza puideron coñecer algunhas das actividades que se van a desenvolver na cidade de Santiago, entre elas unha reunión da Comisión de Cultura do Parlamento Europeo do 28 ao 30 de abril.

Ler máis
Compartir: