ALCALDÍA

Compostela acollerá as VI Xornadas Nacionais de Xustiza e Comunicación

03/09/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi, o novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, despois da súa toma de posesión, quen invitou o rexedor a participar nas VI Xornadas Nacionais de Xustiza e Comunicación que se celebrarán en novembro.

Ler máis

EDUCACIÓN

O alcalde inaugura un congreso que aborda a identidade local, nacional e internacional nos libros de texto

03/09/2009

O alcalde compostelán, Xosé A.Sánchez Bugallo, deu o pistoletazo de saída á 10th International Conference on Textbooks and Educational Media (Décimo Congreso Internacional de Libros de Texto e de Educación multimedia) que ata o próximo día 5 de setembro desenvolverá as súas sesións de traballo no Auditorio de Galicia.Na sesión inaugural tamén participou a concelleira de Educación, o reitor da USC, o conselleiro de Educación, e o director do Instituto de Formación del...

Ler máis

CULTURA

Setembro encherá Santiago de música e teatro

03/09/2009

Socorro García Conde e máis Paulo Rodríguez presentaron esta mañá na Casa do Concello a programación cultural para este mes de setembro, na que destaca especialmente os concertos do X Ciclo de Lied. Ademais, haberá lugar para teatro, a danza, exposicións e as actividades das semanas culturais dos centros socioculturais de Conxo e A Rocha.

Ler máis

TURISMO

Os ‘Chaquetas Vermellas’ atenderon 33.609 consultas en xullo e agosto

03/09/2009

Turismo de Santiago, co obxectivo de prestar un servizo de información turística máis áxil e eficaz, puxo en funcionamento un ano máis a un grupo de voluntarios, denominado "Chaquetas Vermellas" polo seu vistoso uniforme, que estivo en funcionamento na temporada alta turística. O programa conta coa colaboración do Consello Social e o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.

Ler máis
Compartir: