ALCALDÍA

A Comisión Especial de Lavacolla asume como obxectivo a posta en valor das capacidades do aeroporto compostelán

25/09/2009

O Auditorio de Galicia acolleu o acto de constitución da Comisión Especial do Aeroporto de Lavacolla, integrada polas formacións políticas e todos os entes sociais e económicos da cidade. Posteriormente, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou os resultados desta xuntanza, que definiu como "franca e razoable" e da que se amosou "moi satisfeito".

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A nova edición da Xornada "Emprende en Compostela" toma como referencia a actual situación económica

25/09/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a IV Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 27 de outubro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa, que depende do Servizo de Apoio á Empresa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente colabora na actividade de limpeza do Sar "Tes unhas botas na casa?"

25/09/2009

A Concellaría do Medio Ambiente de Santiago apoia e colabora na campaña de sensibilización sobre a importancia de non utilizar os ríos como depósito de residuos que está a artellar a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) por todo o país. Dende o Departamento realízase unha limpeza periódica dos ríos Sar e Sarela a través da empresa concesionaria do tratamento e xestión das augas de Compostela Aquagest.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolleu a primeira xornada sobre mediación asociativa

25/09/2009

A Casa das Asociacións de Cornes albergou a Primeira xornada de encontro con líderes asociativos composteláns para a mediación na resolución de conflitos comunitarios, que contou coa presenza de Raquel Castillejo, profesora de dereito procesual da USC. Esta xornada enmárcase nas actividades programadas pola Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Guadalupe Rodríguez.

Ler máis
Compartir: