XUNTA DE GOBERNO

Máis de 50.000 euros para as actividades das escolas deportivas da cidade

07/07/2009

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo ó orzamento e ás bases da convocatoria polas que se rexirán as axudas destinadas a favorecer o desevolvemento e as actividades das escolas deportivas para o ano 2009. Tamén se deu conta de subvencións da Deputación da Coruña por algo máis de 185.000 euros e adxudicáronse as obras para a posta en valor e acondicionamento de varios lavadoiros do municipio.

Ler máis

ALCALDÍA

A Xunta e o Concello de Santiago descartan asistir á Exposición Universal de Shanghai en 2010

07/07/2009

O custe estimado dos pavillóns, do deseño e produción expositiva na sede e da loxística e montaxe operativo ascende a 3,5 millóns de euros, unha cantidade que se considera excesiva nun contexto de crise económica e de control de gasto público polo que a Administración autonómica e local decidiron descartar, de forma consensuada e conxunta, a asistencia ao evento.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

As axudas do Leader para desenvolvemento rural contemplan subvencións que poden acadar a contía total do proxecto presentado

07/07/2009

Os proxectos de desenvolvemento rural que se presenten á Convocatoria de axudas do Programa Leader Galicia 2007-2013 poderán percibir subvencións da Unión Europea de ata o 100% do seu financiamento. Esta convocatoria será presentada hoxe, ás 20,30 horas, por Terras de Comostela no CEIP Rodríguez Xixirei de Lavacolla, situado no Lugar da Esquipa, A Sabugueira, número 22. Ao acto asisitirá o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. O obxectivo das axudas é...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio destinará 210.000 a melloras no Pazo de Raxoi

07/07/2009

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu hoxe a Comisión Executiva do ente interadministrativo. Durante o transcurso da reunión, fixouse o próximo 24 de xullo como data para a reunión do Consello de Administración do Consorcio, no que se aprobarán as contas do organismo relativas ao pasado ano 2008. Tamén no Consello de Administración se tratará a posta en marcha dun plano de infraestruturas para a Cidade Histórica.

Ler máis
Compartir: