ALCALDÍA

Unha oficina centralizará toda a información e o operativo do Xacobeo 2010

31/07/2009

A Casa do Concello acolleu a constitución da nova Comisión de Cooperación para a Xestión e Desenvolvemento do Ano Santo 2010, conformada por distintos departamentos da Xunta e do Concello. Na mesma acordouse a creación dun centro de control dende o que se centralizará toda a información e os operativos de recepción de visitantes do Ano Santo.

Ler máis

ALCALDÍA

Concentración silenciosa no Obradoiro en repulsa ao terrorismo

31/07/2009

O Concello de Santiago expresou a súa firme condena ao atentado terrorista que lle custou a vida a dous gardas civís en Calviá (Mallorca). Así, a Corporación municipal sumouse á concentración silenciosa de repulsa que se celebrou na praza do Obradoiro, convocada pola FEGAMP.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago albergará o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural

31/07/2009

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá en Santiago o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultura, que será o centro nacional investigador de referencia neste ámbito. O centro situarase en Brañas do Sar e nel traballarán uns 100 investigadores.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello estrea sala de prensa

31/07/2009

A rolda de prensa habitual dos venres do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, cambiou esta vez de escenario, porque o Concello estreou a súa nova sala de prensa, a carón do Departamento de Comunicación.

Ler máis

URBANISMO

O alcalde coloca a primeira pedra da urbanización do SUNP-5 da Muíña

31/07/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, puxo esta mañá a primeira pedra da urbanización do polígono SUNP-5 da Muíña, en San Lázaro. A urbanización deste solo para vivenda de protección pública, xestionado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA), durará nove meses e suporá un investimento de 5.496.915 euros.

Ler máis

CULTURA

O Festival dos Abrazos abre cun concerto gratuíto da Real Filharmonía no Auditorio

31/07/2009

O sábado 1 de agosto é o primeiro día da segunda edición do Festival dos Abrazos. Clasicismo e vangarda son os piares da xornada, coas actuacións de Sigma Project, António Gonçalves, Napalma e o concerto inaugural do festival: a Real Filharmonía de Galicia. Esta actuación, prevista para a praza da Quintana, trasladouse ao Auditorio de Galicia debido á ameaza de chuvia. Será ás 21:00 horas con entrada gratuíta ata completar o aforo.

Ler máis

TURISMO

O Consello Sectorial de Turismo propón que a marca Camiño de Santiago prime na promoción externa do 2010

31/07/2009

Na xuntanza que o Consello Sectorial de Turismo, presidido polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, mantivera o 26 de maio, constituíu unha Comisión sobre o Ano Santo 2010 co obxecto de que o sector aportase as súas reflexións e propostas respecto do evento dentro das competencias municipais. O Consello, no que están representados os axentes vinculados co sector turístico da cidade, volveu reunirse e nesta xuntanza presentáronse as propostas do tratado nas diferentes reunións de dita Comisión. Unha delas é...

Ler máis
Compartir: