CIRCULACIÓN VIARIA

A optimización das áreas de aparcamento no polígono do Tambre permitirá gañar novas prazas

30/07/2009

O Concello vai a levar a cabo un proxecto de optimización da circulación viaria, aparcadoiros e sinalización do Polígono Industrial do Tambre. Esta actuación, que incluirá o pintado das zonas de aparcamento e a retirada de plataformas e vehículos pesados que ocupan zonas non destinadas a eles, suporá que se podan gañar unhas 200 prazas de aparcamento. O investimento neste proxecto alcanza os 120.000 euros.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

O Concello establece a reserva para residentes dun mínimo do 30% das prazas de aparcamento

30/07/2009

Unha nova ordenanza regulará o servizo de ordenación e regulamentación do aparcamento (ORA), nas prazas ordinarias e nas de reserva, así coma os diferentes réximes para a súa correcta utilización. Esta norma é pioneira en Galicia nalgúns dos seus aspectos, fundamentalmente nos relativos á reserva de prazas para os residentes, que queda establecida nun mínimo do 30%.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Vinte rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos participarán en "AnimaLingua"

30/07/2009

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos pais dos 20 rapaces que participarán entre o 17 e o 26 de agosto na granxa escola de inmersión lingüística AnimaLingua, na Fervenza do Toxa (Silleda). Na reunión, celebrada na Casa das Asociacións de Cornes, participaron tamén os monitores responsables do desenvolvemento da actividade.

Ler máis

CULTURA

O Festival dos Abrazos encherá de cultura as rúas, prazas e parques con 130 actividades

30/07/2009

Compostela encherase en agosto de creatividade co Festival dos Abrazos. As rúas, prazas, parques e xardíns de Santiago de Compostela acollerán 130 propostas artísticas innovadoras, que foron presentadas pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez. Música, danza, circo, teatro, obradoiros, proxeccións audiovisuais, performances e arte dixital conforman a programación, que abarca dende pequenas intervencións de rúa a grandes concertos.

Ler máis

FESTAS

Fangoria presenta en Compostela o noveno traballo da súa carreira

30/07/2009

Tras quince intensos días cheos de actividades, concertos e diversión, as Festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica Parente Firework. O espectáculo comezará ás 23:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago non está endebedado por riba do límite legal do 110%

30/07/2009

O Concello de Santiago, no exercicio 2006 -ano ao que fai referencia o Informe do Consello de Contas- non estaba por riba do límite legal establecido na Lei de Facendas Locais. Así o afirma o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen xa deu as directrices oportunas para que os servizos económicos do Concello remitan ao Consello os documentos acreditativos correspondentes .

Ler máis
Compartir: