CONSORCIO

Xornadas de portas abertas para coñecer as recuperadas cabaleirizas da Casa do Deán

22/07/2009

O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega ao Cabildo da Catedral das obras de recuperación e posta en valor do Patio da Parra, cabaleirizas monumentais e dependencias anexas do pazo barroco coñecido como Casa do Deán. As estancias recuperadas poñeranse ao servizo da Oficina de Atención ao Peregrino para converterse nun máis grande e acolledor centro de recepción, a poucos meses do inicio dun novo Ano Santo.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

Entregados os premios do I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago

22/07/2009

Celebrouse a entrega dos premios do I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago, que organizaron as concellerías do Medio Ambiente e da Cidade Histórica. No acto de entrega estiveron presentes as persoas encargadas de cada un dos cinco balcóns premiados, así como todos os membros do xurado.

Ler máis

ALCALDÍA

Máis de 1.500 regalos para axudar aos máis necesitados

22/07/2009

O convento de San Francisco, acolleu de 12:00 a 22:00 horas o rastrillo solidario do proxecto Juntos Podemos. Os que ata alí se achegaron puideron adquirir algún dos 1.500 regalos doados por doados por empresas, institucións ou persoas a título individual. O recadado irá para axudar ás familias máis necesitadas, sen emprego ou con risco de exclusión social da área de Santiago.

Ler máis

EMPREGO

Promoción Económica impartirá cursos de balde por internet a través dunha plataforma de formación propia

22/07/2009

Nace a Plataforma de formación máiscompostela, á que se accederá dende a páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. O seu obxectivo é dar resposta ás demandas formativas do mercado laboral e do tecido produtivo compostelá, a través dunha ferramenta de formación gratuíta, accesible, manexable, con titorías personalizadas, e á que o alumando pode acceder ás 24 horas do día.

Ler máis
Compartir: