ALCALDÍA

Listo para a súa apertura o novo aparcadoiro do Hospital Clínico

14/07/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa nova xerente do Hospital Clínico de Santiago, Rosa Bermejo. No encontro comunicoulle que xa se recibiu a autorización da Consellería de Medio Ambiente para abrir o novo aparcadoiro a carón do Hospital Clínico. Así, a previsión é abrilo definitivamente o sábado 18 de xullo.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

Unha ordenanza pioneira en Galicia regulará as áreas de aparcamento para residentes

14/07/2009

Unha nova ordenanza, que será levada ao Pleno do 30 de xullo, regulará o servizo de ordenación e regulamentación do aparcamento (ORA), nas prazas ordinarias e nas de reserva, así coma os diferentes réximes para a súa correcta utilización. A ordenanza é pioneira en Galicia nalgúns dos seus aspectos, especialmente nos relativos á reserva de prazas para os residentes.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Cambio de sentido nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire

14/07/2009

A Xunta de Goberno aprobou a modificación do sentido da circulacións das rúas Vilagarcía, García Prieto en Sánchez Freire, actualmente en proceso de reurbanización no marco dos Fondos de Investimento Local. Tamén se adxudicou provisionalmente o servizo de elaboración o levantamento topográfico da Praza de Galicia e do seu aparcadoiro soterrado.

Ler máis

ALCALDÍA

Benvida do alcalde aos participantes nas "Aulas no Camiño"

14/07/2009

O alcalde compostelán deulle a benvida a Santiago aos participantes nunha nova edición de Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción pola continuidade no tempo deste proxecto, que contribúe á difusión da Ruta Xacobea.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago, Lugo e A Coruña conformarán un "triángulo máxico" para impulsar o Patrimonio Mundial galego

14/07/2009

O venres 17 de xullo, ás 10:30 horas, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xuntarase na capela de Pedrafita do Cebreiro cos alcaldes de A Coruña, Javier Losada, e de Lugo, José López Orozco. Dende aquí emprenderán xuntos un tramo do camiño francés de cinco quilómetros que vai dende O Cebreiro ata o Hospital da Condesa, a onde está previsto que cheguen sobre as 12 do mediodía.

Ler máis

TURISMO

"Santiago(é)Tapas" remata con máis de 27.000 tapas consumidas

14/07/2009

A segunda edición do Concurso de Tapas de Santiago, Santiago(é)Tapas, organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, rematou con máis de 27.000 tapas consumidas nos 50 estabelecementos participantes. Ademais, repartíronse máis de 8.000 Tapasportes para poder seguir as cinco rutas do concurso. Entre os usuarios do Tapasporte hai persoas de toda Galicia, das diferentes partes do Estado e de quince países: Canadá, Colombia, Chequia, Estados Unidos, Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, México,...

Ler máis
Compartir: