ALCALDÍA

Caixanova e o Concello amosan nas rúas e prazas de Santiago "As Torres da Alhambra" de Cristóbal Gabarrón

10/07/2009

Caixanova, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, presenta a exposición "AsTorres da Alhambra", unha mostra de esculturas do artista murciano Cristóbal Gabarrón que encherá de cor ata o día 9 de agosto diferentes prazas e rúas compostelás, como a Alameda, a Praza de Cervantes e a Praza do Toural, o contorno de San Francisco ou a Praza da Azabachería. O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o propio autor das pezas,...

Ler máis

MOBILIDADE

O corte de tráfico na rúa Fernando III El Santo manterase ata o xoves 16

10/07/2009

Por mor das obras de construción do túnel do Hórreo, a rúa Fernando III El Santo, no tramo entre o Hórreo e a rúa da Rosa, está pechada ao tráfico desde o luns 6 de xullo. Esta restrición circulatoria manterase ata o xoves 16. Neste tempo estará prohibido o tráfico na rúa e unicamente se permitirá a entrada para os residentes e para a carga e descarga.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles os proxectos do Urbana Norte

10/07/2009

O alcalde reuniuse en Raxoi con representantes das asociacións de veciños da zona incluída no ámbito do programa Urbana Santiago Norte, proxecto europeo cofinanciado polo FEDER. Á reunión asistiron, tamén a concelleira de Relacións Veciñais, Lupe Rodríguez Silva e máis o Coordinador do Proxecto, Fernando Martínez. O obxecto do encontro era facilitar aos representantes veciñais, información de primeira man sobre os avances na execución do programa Urbana Santiago Norte, así como...

Ler máis

URBANISMO

María Carneiro será a nova xerente de Emuvissa

10/07/2009

A candidata seleccionada xestionou unha sociedade análoga no Concello de Lugo e foi xerente de Urbanismo no Concello de Ferrol. A elección realizouse mediante concurso público e a convocatoria contou con seis aspirantes, cuxos méritos foron valorados pola comisión de selección encargada deste cometido e na que estiveron representados os tres grupos políticos.

Ler máis
Compartir: