INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA

Un tramo da rúa Fernando III El Santo quedará cortado ao tráfico do 6 ao 10 de xullo por mor das obras do túnel do Hórreo

01/07/2009

As obras de reposición de servizos no Hórreo obrigarán a cortar o tráfico en Fernando III El Santo, no tramo entre o Hórreo e a rúa da Rosa, do luns 6 ao venres 10 de xullo. Neste tempo estará prohibido o tráfico na rúa e unicamente se permitirá a entrada para os residentes e para a carga e descarga. No caso dos peóns, non poderán cruzar cara a estación de ferrocarril no paso de peóns ao final desta rúa e deberán desprazarse uns metros máis arriba, ao paso de peóns do...

Ler máis

XUVENTUDE

Xuventude ofrece clases musicais aos grupos dos locais municipais de ensaio

01/07/2009

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou nos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela (Estadio de San Lázaro, 10) a nova proposta formativa para as agrupacións musicais da cidade. Trátase da segunda edición de accións formativas, consistentes nun "coaching musical", no que os grupos participantes reciben o asesoramento especializado de diferentes profesionais do mundo da música.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Primeira reunión das persoas inscritas no Banco Municipal do Tempo

01/07/2009

Celebrouse na Casa das Asociacións, en Cornes, o primeiro encontro das persoas inscritas no Banco Municipal do Tempo. A concelleira de Benestar Social en funcións, Guadalupe Rodríguez, recibiu a estes inscritos, que participaron nunha serie de actividades lúdicas para coñecerse mellor entre eles.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o prazo para inscribirse en "Xogandoando"

01/07/2009

Vive o Verán!, unha iniciativa das concellarías de Cultura e Centros Socioculturais e de Medio Ambiente presnta unha ampla oferta de actividades ao aire libre para todos as idades. Para os máis novos, de 7 a 14 anos, hai unha en concreto que en 2008 tivo grande éxito, polo que nesta edición amplíase, xa que dobra o número de prazas e aumenta nunha semana máis a súa oferta: Xogandoando, proxecto de tempo libre infantil. Celébrase no Local Sociocultural da Pontepedriña do 6 ao 10 de xullo e do 17 ao...

Ler máis
Compartir: