PROMOCIÓN ECONÓMICA
Dez microguías axudarán aos emprendedores a por en marcha as súas empresas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou dez ]Microguías de Oportunidades de Negocio. As guías enmárcanse no Plan de Excelencia Comercial, en concreto no eixo de actuación denominado Impulso de Novas Iniciativas Comerciais.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta pola creación de itinerarios entre os grandes complexos culturais do norte de España
Trala súa visita á Cidade da Cultura de Asturias, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apuntou a súa aposta por "establecer colaboración ou rutas culturais dende o Guggenheim á Cidade da Cultura", pasando polo complexo asturiano. Na súa opinión, "pódese vender un pronto atractivo e interesante" a partir de feitos como "a calidade das nosas paisaxes e unha oferta cultural moi potente".
ALCALDÍA
Compostela reunirá ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico e financeiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a tres membros da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras. Estes comunicáronlle que Santiago será escenario da vindeira xuntanza desta corporación, polo que a cidade acollerá ás máis relevantes personalidades académicas do mundo económico e financeiro.
ALCALDÍA
Galicia, vista a través do gravado antigo
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Galicia no gravado antigo". Esta colección poderá verse no Colexio de Fonseca entre ata o 2 de decembro.
TURISMO
O programa "Vivir Compostela" alcanza as 4.000 reservas
A campaña "Vivir Compostela", lanzada por Turismo de Santiago para dar a coñecer aos cidadáns as infraestruturas e recursos turísticos da cidade, segue atopando unha resposta masiva entre os composteláns, que xa esgotaron as prazas en 10 das 20 actividades gratuítas ofertadas. O programa de sensibilización turística contabilizaba o venres 19 un total de 3.980 reservas.
CONSORCIO
O Consorcio reaxusta a súa programación plurianual para construír o Museo de Historia Natural
O presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo presidiu a reunión do Consello de Administración do organismo interadministrativo, na que se autorizou un reaxuste da programación plurianual do Consorcio para facer fronte a un orzamento de tres millóns de euros para a construción do edificio que albergará o Museo de Historia Natural nun dos ámbitos máis emblemáticos da cidade, a finca de Vista Alegre, onde se atopan o Centro de Estudios Avanzados, a Casa de Europa, a Escola de Altos Estudos Musicais e a...