ALCALDÍA

O alcalde cre que o AVE "vai cambiar cualitativamente o turismo en Galicia"

29/04/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou en rolda de prensa a autorización do Ministerio de Fomento para a redacción do proxecto da futura estación do AVE. Confía en que o concurso se convoque na vindeira semana, co fin de que estea aberta a presentación de propostas ata a segunda quincena de xuño e, antes as mesmas, elixa a comisión avaliadora.

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

Anuncio de sinatura dun convenio con Fomento e co IGVS para as Áreas de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico

29/04/2011

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, anunciou a sinatura dun convenio co Ministerio de Fomento e co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para proseguir co labor iniciado nas Áreas de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. "Estas actuacións permitirán proseguir pola liña iniciada destinada a mellorar a calidade de vida dos santiagueses e santiaguesas, dentro do modelo de cidade que defendemos", destacou.

Ler máis

ALCALDÍA

Case 2,5 millóns de euros para rehabilitar 82 vivendas

29/04/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou o acordo relativo á Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Santiago (12ª fase), acto que estivo presidido polo ministro de Fomento, José Blanco. En virtude deste convenio rehabilitaranse 82 vivendas e acometeranse actuacións urbanización no seu ámbito.

Ler máis

CONSORCIO

Autocares Mosquera formaliza o seu apoio ao 800 Aniversario da Catedral de Santiago

28/04/2011

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o administrador de Autocares Mosquera, Leandro Mosquera, asinaron o acordo polo cal a empresa transportista pasa a ser patrocinadora do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Neste sentido, Mosquera colaborará nos diferentes actos programados con motivo da efeméride e no plan de obras de restauración que se realizarán na Catedral e que están contempladas no seu Plan Director.

Ler máis

ALCALDÍA

Un encontro analiza as posibilidades dun mercado de proximidade en Santiago

28/04/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o grupo ANATOLE que analiza en Santiago de Compostela as vantaxes que o desenvolvemento dos mercados de proximidade ofrece ás cidades europeas. No encontro participan representantes das cidades de Huelva, San Sebastián, Santiago de Compostela, Aveiro, Nantes, e Dublín; así como da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico e da Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico Francés.

Ler máis
Compartir: