ACCIÓN CULTURAL
O Festival Galicreques celebra o seu 25º aniversario con máis de 40 funcións entre o 10 e o 18 de outubro
O Festival Internacional Galicreques celebrará neste 2020 o seu vixésimo quinto aniversario cunha edición especial marcada polas circunstancias sanitarias, pero cun claro compromiso tanto co público coma co sector cultural. Así, o encontro organizado pola Asociación Barriga Verde e promovido polo Concello de Santiago, xunto coa Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e do Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música...
ALCALDÍA
O Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia únense para financiar a adquisición de tres vehículos de emerxencias
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asinaron hoxe no Pazo de Raxoi un convenio valorado en 120.000 euros para financiar a adquisición de tres vehículos de emerxencias.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago cede unha parcela a COGAMI por un prazo de 25 anos para a construcion da súa sede central en Galicia
A Xunta de Goberno Local acordou outorgar á Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI), por un prazo de 25 anos, unha concesión demanial sobre a parcela EQ-Leste do SUNP-4 nas Cancelas para a construción dun edificio adaptado destinado a sede central da entidade en Galicia e dos tres centros de emprego Combina Social, Activa e Ges. O Concello reserva para si a titularidade do inmoble. Sindo Guinarte, secretario da Xunta de Goberno informou dos acordos adoptados, entre os que tamén destaca a aprobación da licenza do proxecto modificado...
COMERCIO
Xuntanza do alcalde coa Fundación Santiago Centro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro co presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, no Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
O Concello e a Xunta acordan crear un grupo de traballo para analizar a nova documentación sobre as estatuas do Mestre Mateo
O Concello de Santiago e a Xunta acordaron hoxe crear un grupo de traballo para analizar as últimas evidencias en torno ás estatuas de Abraham e Isaac, atribuídas ao Mestre Mateo, e valorar liñas de acción conxuntas de cara á súa recuperación para o dominio público. Avanzárono hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, tras manter un encontro no que abordaron a aparición de nova documentación sobre...
ACCIÓN CULTURAL
Arranca a 17ª edición de Curtocirctuíto
O Festival Internacional de Cine comezou hoxe, sábado 3 de outubro, a súa 17ª edición e ata o día 11 converterá a Santiago de Compostela en lugar de encontro da comunidade audiovisual internacional. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto de inauguración xunto con Jacobo Sutil, director de AGADIC; Xurxo Couto, diputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña; e Pela del Álamo, director do festival.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfacción ante a contención na última semana das cifras de afectados pola COVID na cidade
Xosé Sánchez Bugallo avaliou esta mañá en rolda de prensa a situación da pandemia no Concello a congratulouse porque os datos amosan "unha certa estabilización", aínda que remarcou que non se pode baixar a garda.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia vai retransmitir os 24 concertos desta temporada en directo por streaming en aberto para todo o público
Mentres o aforo estea reducido a 60 persoas, as entradas de cada concerto poranse á venda os luns ás 10:00 horas en www.compostelacultura.gal. Cando aumenten os aforos, os abonados da temporada pasada poderán reservar entrada os luns e martes e o resto do público a partir do mércores
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Visita do concelleiro de Turismo e da concelleira de Acción Cultural á Casa da Troia
A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, realizaron esta mañá unha visita ao Museo Casa de la Troya.
MOBILIDADE
Asinado o convenio que permite renovar a prestación do servizo de transporte urbano entre Santiago e Os Tilos para os vindeiros 4 anos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración polo que se acorda a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos xunto co rexedor de Teo, Rafael Sisto, e a conselleira de Insfraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.