XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases das subvencións para a mobilización de vivenda baleira en alugueiro

07/09/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a mobilización de vivendas en alugueiro. Trátase dunha liña de axudas que teñen un dobre obxectivo: "facilitar o acceso a unha vivenda digna a aquelas persoas que teñen necesidade, e poñer en valor a cidade construída, evitando a proliferación de vivendas baleiras ou destinadas de xeito irregular ao uso turístico".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde compostelán solicita unha reunión co presidente da Xunta para repasar cuestións pendentes na cidade

07/09/2018

O alcalde vén de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta para solicitarlle a celebración dunha xuntanza "na que facer balance da relación institucional entre Concello de Santiago e Goberno galego, e na que repasar os asuntos que lle afectan á Compostela e que son competencia autonómica". Martiño Noriega lembrou que o seu último encontro con Alberto Núñez Feijóo foi en marzo de 2017, "ao pouco de iniciarse a lexislatura galega, e cremos que toca analizar as cuestións pendentes e aquelas nas que se...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O XIX Ciclo de Lied de Santiago abordará o tránsito vital do ser humano a través das composicións de Brahms, Schubert ou Schumann

06/09/2018

O XIX Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago coa coordinación da Asociación de Amigos da Ópera de Compostela (ADOC) e a colaboración da Deputación da Coruña, terá tres concertos ao longo deste mes de setembro co tránsito vital do ser humano como fío condutor. Deste xeito, nos tres recitais ofreceranse composicións que xiran ao redor dos grandes temas universais: dende a mocidade á vellez, pasando polo amor, a soidade, a alegría ou a morte.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago estuda asumir o reto lanzado por Greenpeace para converterse nunha cidade máis sostible

06/09/2018

Santiago é unha das dez cidades escollidas por Greenpeace para poñer en marcha "unha revolución urbana que quere transformar as cidades en espazos máis sostibles e máis amigables". O alcalde reuniuse hoxe con representantes da organización ecoloxista para coñecer o reto, e para dar conta das iniciativas que xa se veñen desenvolvendo ao respecto. No caso de Compostela, as demandas realizadas por Greenpeace teñen que ver con dous temas concretos: a mobilidade e os hábitos de consumo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Catro artistas galegas participarán nas residencias artísticas do proxecto europeo Wom@rts

05/09/2018

Máis de 30 artistas europeas foron convocadas a participar nas residencias artísticas que o proxecto Wom@rts desenvolverá do 10 de setembro ao 24 de outubro nas cidades de Avilés (España), Angoulême (Francia) e Limerick, (Irlanda). Entre elas, cóntanse catro creadoras galegas: Mery Pais (Santiago de Compostela, 1990), Teresa Búa (Muxía, 1991), Xulia Vicente (Cariño, 1993) e Haya Blanco (Santiago de Compostela, 1984).

Ler máis

CONSORCIO

O 11 de setembro remata o prazo para optar a catro prazas de violín e unha de contrabaixo na Escola de Altos Estudos Musicais

05/09/2018

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis
Compartir: