ACCIÓN CULTURAL
Compostela Somos Cultura afiánzase na cidade co inicio da terceira edición
O que comezou en 2020 como un xeito de "reactivar o consumo de cultura local" en Santiago de Compostela durante a pandemia pola Covid-19, consolídase como unha cita anual na capital galega. Deste xeito, o ciclo ‘Compostela Somos Cultura’ acada a súa terceira edición e, durante un total de 10 semanas, encherá as redes sociais e as distintas plataformas dixitais de propostas artísticas representativas do tecido creativo e artístico de Compostela. A econonomía social será o fío condutor desta edición.
FESTAS
Chegan as festas do Entroido a Compostela, que recuperan neste 2023 o desfile de disfraces
O concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación do Entroido, que neste 2023 recupera o tradicional desfile de disfraces o martes 21 no que se premiarán as mellores parellas, grupos, comparsas ou carrozas. Na rolda tamén estivo a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, que explicou a programación específica para estas festas na rede de centros do Concello.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 31 de xaneiro na Línea de la Concepción (Cádiz) e o 5 de febrero en Baiona, vítimas da violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
A concelleira de Acción Cultural reivindica o papel dos medios en galego e a súa relevancia na normalización da lingua
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu esta mañá á presentación do acto con motivo do Día dos Medios en Galego, data que lembra a daída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua.
MEDIO RURAL
A senda de Marantes contará con rede de saneamento, tal e como solicitou a veciñanza da zona
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente, Mila Castro, e de Obras e Mobilidade, Gonzalo Muíños, reuniuse onte cos afectados e afectadas pola senda peonil de Marantes aos que se lle solicitou a cesión de parte das súas parcelas para poder executar esta infraestrutura. Aproveitarase un dos tramos da senda para instalar a rede de saneamento, tal e como solicitaron os veciños e veciñas da zona.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo para inscribirse nos programas de conciliación para Semana Santa do espazo de lecer María Miramontes
A concellaría de Educación acaba de abrir o prazo para inscribirse no programas de conciliación "Vacaludos Semana Santa" que se vai desenvolver, como o ano pasado, na ludoteca María Miramontes de Fontiñas. As familias interesadas poderán solicitar unha das máis de 70 prazas dispoñibles ata o 15 de febreiro.
XUNTA DE GOBERNO
O informe de diagnose dos muros de Santiago recolle actuacións de mantemento e correctivas por importe de 639.000 euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, tomou en consideración o informe "Diagnose, reparacións urxentes e plan de mantemento dos muros de carácter tradicional de Santiago de Compostela", que contempla actuacións en muros de titularidade pública e privada por un importe total de 639.000 euros. Tamén deu luz verde a licitación ds obras de reurbanización da Praza de León, por un importe de 201.979,60 euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé...
MEDIO AMBIENTE
O Concello agradece a colaboración dos residentes da zona histórica na xestión da recollida do lixo
O seu compromiso fixo desaparecer case por completo as bolsas dos soportais.
MEDIO RURAL
O Concello saca a licitación o contrato de conservación e mantemento de viarios no rural por 1 millón de euros
A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato para o "servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)". Os licitadores teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar ofertas.
A Xunta de Goberno Local aprobará este luns o proxecto de reurbanización da Praza de León
Tamén se lle dará luz verde á actualización do proxecto básico e de execución para a mellora dos equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras