PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha festa participativa abre o amplo programa de actividades para o verán da Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá preparou un completo programa de actividades para todos os veciños no marco da recentemente aberta Casa das Asociacións. Este espazo adquire a súa dimensión máis participativa e dinamizadora cun calendario que inclúe propostas de teatro, astronomía, baile, obradoiros ou exposicións.
CONGRESO
Compostela, punto de encontro de profesionais e estudantes de criminoloxía
A cidade de Santiago acolle do 18 ao 20 de xuño o VI Congreso Nacional de Criminoloxía, baixo o lema "Criminalidade e risco: predición e prevención". Dentro do programa do evento figuraba o paso dos participantes por Raxoi, onde foron recibidos pola tenenta de alcalde, Socorro García Conde, e outros membros da Corporación.
XUVENTUDE
Os grupos gañadores do "MúsicaXove’08" presentan o seu disco recompilatorio
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentaron o CD recompilatorio cos temas que os gañadores do I Certame MúsicaXove interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto, celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, tamén participaron uns 60 mozos e mozas compoñentes dos grupos musicais e contou coa asistencia do director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.
DEPORTES
Actividades deportivas e de ocio para os 8.000 deportistas da fase final da Compostela Cup do Camiño 2009
O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, adiantou as actividades complementarias que cada edición acompañan á competición oficial da Compostela Cup do Camiño 2009 e que teñen o obxectivo de fomentar a práctica doutras disciplinas deportivas.
ALCALDÍA
O presidente da Xunta será o Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O Rei Don Juan Carlos de Borbón designou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago.
INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA
Modificacións de tráfico nocturnas en Amor Ruibal e Antón Fraguas por mor das obras do túnel do Hórreo
As obras do túnel do Hórreo obrigan a realizar cortes temporais de tráfico os días 24, 25, 29 e 30 de xuño. Estes traballos, que teñen que ver coa rede de abastecemento de auga, realizaranse de noite, entre as 22:00 e as 6:30 horas, co fin de minimizar as molestias.
BENESTAR SOCIAL
Unha proposta sobre xogos de internet e redes sociais presidirá a Campaña de sensibilización do consumo de alcohol
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e o vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, deron a coñecer o nome da gañadora do concurso de ideas para a campaña publicitaria de sensibilización do consumo de alcohol. Natalia de la Iglesia Cid, estudante de 3º de Comunicación Audiovisual na USC, foi a elixida por un traballo que combina a descarga de xogos de Internet de sensibilización coa difusión de contidos a través das redes sociais. A campaña levará como...
CULTURA
As concellarías de Cultura de seis cidades propoñen a Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado para as letras galegas de 2010
Celebrouse en Raxoi un encontro entre os representantes das concellarías de Cultura das cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo, do que saíu un acordo asinado para propoñer a candidatura de Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado na celebración do Día das Letras Galegas do ano 2010.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nace unha nova asociación empresarial en Santiago
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, participou no acto de presentación oficial da asociación empresarial Em-Rede, presidida por Eva Lopez. Integrada por 19 empresas, a idea xurdiu en maio de 2007, a proposta da Concellaría dentro do proxecto Equal Compostela Social. No marco deste programa de fomento do autoemprego creáronse 64 empresas nos anos 2006 e 2007. Entre os obxectivos de Em-Rede está apoiar as iniciativas empresariais entre persoas emprendedoras, servir de canle de...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O obradoiro "Falando en verde" ofrecerá aos composteláns a posibilidade de descubrir en galego o seu contorno natural
Falando en Verde é o título do obradoiro ambiental e de descuberta do noso contorno que se impartirá do 22 ao 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa das Asociacións (Cornes). Organizado pola Concellería Participación Cidadá e Normalización Lingüística e impartido por Ventos, Estudos Ambientais, o taller está destinado a rapaces de 7 a 12 anos, que deben inscribirse previamente. O prazo xa está aberto.