CULTURA

"Un concerto a dúas bandas": a Banda Municipal con alumnos do Conservatorio Profesional de Música

19/02/2015

Anualmente, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela realiza un concerto no que participa alumnado do Conservatorio Profesional a modo de curso, onde os seleccionados da Banda Sinfónica e outras agrupacións do centro aproveitan a experiencia de tocar cóbado con cóbado cos músicos profesionais de dita banda. Neste curso o concerto será este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

CULTURA

Leopoldo Nóvoa, protagonista da nova exposición do Auditorio de Galicia

18/02/2015

A exposición Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns inaugúrase na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia este xoves 19 de febreiro ás 20:00 horas. Ao acto inaugural asistirá o alcalde de Santiago Agustín Hernández; a concelleira de Cultura, María Antón; a viúva do artista, Susana Carlson; a comisaria da exposición, Mercedes Rozas; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou. A mostra permanecerá aberta ata o mes de xuño todos os días de...

Ler máis

PATRIMONIO

O Concello explica o operativo das festas do Apóstolo nunhas xornadas sobre seguridade en eventos ao aire libre nos cascos históricos

18/02/2015

Inauguráronse no Palacio de Congresos de El Greco de Toledo as xornadas sobre "A seguridad nos eventos ao aire libre nos cascos históricos", nas que participan preto de 40 técnicos, entre responsables de Extinción de Incendios e Seguridade, Mobilidade e Tráfico e Protección Civil dos 15 concellos que forman o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de...

Ler máis

TURISMO

O aeroporto de Santiago comeza o ano cun crecemento do 11,04% en pasaxeiros nas conexións internacionais

17/02/2015

No pasado mes de xaneiro, as conexións internacionais do aeroporto de Santiago moveron 21.895 pasaxeiros, un 11,04% máis que os 19.477 de xaneiro do 2014. Así, o aeroporto comezou o ano continuando co crecemento do tráfico nas súas conexións internacionais directas, un crecemento que comezou no 2012 e que conseguiu que tanto no 2013 coma no 2014 se marcasen dous máximos consecutivos.

Ler máis

CULTURA

Chega a Compostela "O crédito", comedia bancaria con Morris e Pedro Alonso, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

17/02/2015

Eme2 Producións e Tanttaka, presentan en Compostela a comedia bancaria O crédito, de Jordi Galcerán, protagonizada por Pedro Alonso e Antonio Durán "Morris" e dirixida por Fernando Bernués. Será en cinco funcións do 18 ao 22 de febreiro no Teatro Principal, dentro do Bono de Teatro Galego (ás 20:30 h todos os días, agás o domingo que será ás 20:00 h).

Ler máis

ALCALDÍA

O obradoiro Ecotur Santiago II permitirá empregar a 45 persoas e crear un centro BTT na antiga escola da Susana

16/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausuraron obradoiro de emprego Ecotur Santiago, que permitiu a 23 alumnos e alumnas formarse e traballar durante seis meses. No acto, ao que tamén asistiu a concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, e que se celebrou no novo Centro de Interpretación de Villestro -froito do traballo destes alumnos- o alcalde anunciou a solicitude ao departamento autonómico da súa colaboración para por en marcha a segunda edición do...

Ler máis

DEPORTES

O casco vello acollerá o 9 de maio a 1ª carreira nocturna homologada SantYaGo10K

16/02/2015

O sábado 9 de maio celebrarase en Santiago de Compostela a 1ª carreira nocturna homologada SantYaGo10K, un circuíto urbano de 10 quilómetros. A proba foi presentada en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Deportes, María Corral, do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e do presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José A. Juanatey.

Ler máis
Compartir: