PLENO

A Casa das Mulleres levará o nome de Xohana Torres

21/09/2017

A Casa das Mulleres, que se está a acondicionar no antigo local de Emuvissa, levará o nome de Xohana Torres. A decisión estaba adoptada dende hai meses, e fóralle xa comunicada á escritora antes do seu falecemento, o pasado 12 de setembro.
Así se recolle na declaración institucional aprobada no Pleno de hoxe, na que os catro grupos da Corporación fan constar o seu pesar polo pasamento de Xohana Torres e mostran a súa vontade de facerlle un último recoñecemento á traxectoria vital e profesional da autora....

Ler máis

ALCALDÍA

A Corporación aproba o Plan de Igualdade 2017-2020

21/09/2017

O Pleno do Concello de Santiago aprobou o IV Plan de Igualdade (2017-2020), cos votos favorables de CA, PSdeG-PSOE e BNG e a abstención do PP. Entre os obxectivos deste Plan están o apoio a mulleres vítimas de violencia machista, o impulso da inserción laboral das mulleres en situación vulnerable e a mellora das súas condicións de traballo. O orzamento total é de 322.000 euros para un período de tres anos.

Ler máis

TURISMO

Santiago promociónase na feira turística máis importante de Xapón

21/09/2017

Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama, grazas a colaboración conxunta entre a Santiago e Tanabe. Deste xeito, Santiago pode chegar tanto ás persoas interesadas en viaxar a España como ás que buscan a espiritualidade...

Ler máis

ALCALDÍA

O proxecto "Herdeiras" estréase este sábado no Teatro Principal

20/09/2017

O proxecto Herdeiras, no que participa o Concello de Santiago, foi presentado este mércores en Raxoi nunha rolda de prensa na que participaron a primeira tenente de alcalde, María Rozas; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a creador do proxecto, Carme Penim, e a coreógrafa Xiana Vilas. Herdeiras conta historias de mulleres que quedaron silenciadas logo da Guerra Civil. Estréase este sábado 23 de setembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

COMERCIO

A escultura "Ríos de Ferro", realizada por corenta artistas da forxa, xa engalana o entorno da carballeira do Restollal

20/09/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitaron esta mañá a escultura de forxa Ríos de Ferro. A gran onda, realizada por máis de 40 ferreiros e ferreiras. Na visita estiveron os artistas Óscar Aldonza e Santiago Martínez, así como os voceiros do PSOE e o PP, Paco Reyes e Agustín Hernández.

Ler máis
Compartir: