SEGURIDADE

Un simulacro de emerxencia puxo a proba os sistemas de seguridade do túnel do Hórreo

16/05/2011

Os Bombeiros de Santiago realizaron un simulacro de emerxencia no túnel do Hórreo, a dous días de que entre definitivamente en servizo. A proba serviu para comprobar o funcionamento dos sistemas de seguridade da infraestruturas e, sobre todo, para traballar a coordinación de efectivos de extinción de incendios, seguridade e sanidade ante unha posible continxencia.

Ler máis

CULTURA

Elena Furiase, Pablo Puyol, Jorge Sanz, Antonio Albella e José Sánchez chegan a Compostela con "Crime Perfecto"

13/05/2011

Elena Furiase, Pablo Puyol, Jorge Sanz, Antonio Albella e José Sánchez chegan a Compostela para representar Crime Perfecto, de Frederick Knott, dentro do ciclo Teatro en Xira. O espectáculo poderá verse no Auditorio de Galicia o sábado 14 de maio a partir das 21:00 horas. As entradas -a 15 euros, cun desconto do 50% para xubilados e menores de 25 anos- están á venda na billeteira virtual de Caixa Galicia.

Ler máis

CULTURA

Gala de Clausura e entrega de premios de Curtocircuíto no Teatro Principal

13/05/2011

Coa Gala de Clausura do sábado 14 e, a continuación, a entrega de premios ás curtas gañadoras das distintas categorías a concurso na Sección Oficial, o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto case chega ao seu fin. E case porque domingo haberá proxeccións fóra de concurso coas que si se poñerá punto e final a esta edición. Nestes días, os 19 membros dos xurados das diferentes categorías analizaron polo miúdo todas e cada unha das curtas que compiten, quedando...

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude inaugura unha exposición fotográfica dos mellores momentos do "MúsicaXove’10"

12/05/2011

O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, inaugura na tarde do xoves 12, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposción fotográfica do 3º Certame . O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Per Rueda, e dos grupos finalistas do concurso musical, que recibirán unha placa conmemorativa pola súa participación.

Ler máis
Compartir: