IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 11 de decembro en Lleida e o 16 de decembro en Dos Hermanas (Sevilla), vítimas de violencia machista
MOCIDADE
A nova edición do programa formativo Go2Work en emprendemento musical desenvolverase no Centro Xove da Almáciga
O Centro Xove de Creación Cultural do Concello de Santiago acollerá o novo espazo de coworking Go2Work dedicado ao emprendemento musical que organizan a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Fundación Paideia Galiza. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de decembro e participar de forma gratuíta neste programa de desenvolvemento profesional cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
ALCALDÍA
Luz verde da maioría dos axentes sociais á ‘operación Peleteiro’
Reunidos na tarde do martes na Comisión Mixta, a maioría dos axentes sociais representados, amosaron o seu apoio á modificación puntual do PXOM que se somete a votación plenaria mañá mércores para converter o antigo edificio do Peleteiro no Ensanche, nunha gran paza pública e un parque de vivendas, cun 20% en réxime de protección, cun Centro Sociocultural e un centro de día.
EDUCACIÓN
Un traballo do IES A Cachada de Boiro gaña a XIV edición dos Premios Educacompostela
O auditorio do Museo das Peregrinacións acolleu esta tarde a entrega de galardóns do XIV Premio Educacompostela, convocado polo Concello de Santiago en colaboración coa Nova Escola Galega para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuir á innovación e a renovación pedagóxica do sistema educativo de Galicia.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 4 de decembro en Madrid e o 10 de decembro en Albacete, vítimas de violencia machista.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitacion da senda peonil da rúa da Medorra e dunha pista multideporte e un parque infantil en Roxos
A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación de dúas obras no rural, unha pista multideporte e un parque infantil en Roxos-Quintáns e a senda peonil da rúa da Medorra, que saen a licitación por un importe conxunto de 323.324,84 euros. Estas dúas actuacións, que van ser executadas pola concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, enmárcanse no POS +2022 (Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal. Plan único de concellos)...
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Kómic Librería, Abeluria e Orixe, distinguidas na XXIII edición dos Premios Manuel Beiras
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio manteñen desde o ano 2000 un acordo de colaboración para a convocatoria anual dos Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación. ‘Prende o galego. Brilla con luz propia’ foi o lema da edición deste ano.
MOCIDADE
Mañá, martes, ábrese o prazo para solicitar o programa de residencias do Centro Xove de Creacion Cultural
A Xunta de Goberno Local aprobou o Programa de Residencias do Centro Xove de Creación Cultural, que depende da concellaría de Mocidade, que dirixe Rubén Prol. O obxectivo deste programa, que é a primeira vez que se leva a cabo, é ofertar un espazo para dar cabida a novos creadores no que poidan crear e dar forma a proxectos no ámbito das artes (teatro, danza, música, etc) a través dun sistema de residencias temporais nas que se acollan iniciativas de creadores mozos, de entre 14 e 35 anos de idade.
SMARTIAGO
O Concello de Santiago presenta os avances das liñas de investigación do proxecto Smartiago
O estado das diferentes propostas de innovación presentáronse esta mañá no centro sociocultural de Santa Marta. Ao evento acudiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Presidencia, Gumersindo Guinarte e a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, entre outros.
SMARTIAGO
El Ayuntamiento de Santiago presenta los avances de las líneas de investigación del proyecto Smartiago
El estado de las diferentes propuestas de innovación se han presentado esta mañana en el centro sociocultural de Santa Marta. Al evento acudieron el alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; el concejal de Presidencia, Gumersindo Guinarte y la secretaria general de Innovación del Ministerio de Ciencia e Innovación, entre otros.