TURISMO

Nova web e aplicación móbil con información sobre accesibilidade turística das Cidades Patrimonio da Humanidade

22/01/2016

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) presentou en Fitur 2016 a súa nova páxina web e aplicación móbil Ciudades Patrimonio Accesibles. Ambas ferramentas foron creadas polo GCPHE coa colaboración da Plataforma Representativa de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) e coa colaboración no seu financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Belas Artes.

Ler máis

TURISMO

Turismo promociona a cidade en Irlanda

22/01/2016

Turismo de Santiago participa na Holiday World Show, a principal feira turística do mercado irlandés, un dos mercados que está tendo un maior crecemento na cidade nos últimos anos, tanto en número de peregrinos como en turistas que visitan a cidade para short breaks, aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.

Ler máis

MOBILIDADE

Éxito de participación no primeiro plenario do Pacto pola Mobilidade

22/01/2016

Preto de 80 persoas participaron esta semana no primeiro plenario do Pacto pola Mobilidade, unha das mesas de traballo previas á elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. O encontro, centrado nos temas do vehículo privado e o aparcamento, contou coa intervención de Juan Requejo Liberal, un recoñecido experto en mobilidade, turismo e cidade histórica.

Ler máis

CONSORCIO

A cidade de Santiago preséntase en Cuenca como modelo de rehabilitación e habitabilidade de cascos históricos

21/01/2016

O Consorcio de Santiago participa esta semana en Cuenca nun foro de debate sobre a habitabilidade e a rehabilitación nos centros históricos, promovido polo Consorcio de Cuenca, no marco da celebración do 20º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade. Na cita están presentes os tres consorcios que existen en España: Santiago, Cuenca e Toledo. Entre outros temas, estase a abordar como construír sobre o antigo; vivir, traballar, ter negocios e acceder aos cascos históricos; ou como convivir co turismo.

Ler máis
Compartir: