MEDIO AMBIENTE
"A Fábrica de Agasallos" inculca a conciencia medioambiental nos nenos a través de 14 obradoiros de Nadal na Alameda
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, presentou o programa A fábrica de agasallos. Nadal en verde na Alameda. Trátase de 14 obradoiros, a celebrar no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda (antiga churrería) nos que se busca fomentar o consumo responsable e estimular a expresión creadora dos nenos.
XUNTA DE GOBERNO
Actualizadas as tarifas dos estacionamentos de Xoán XXIII e Belvís
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a actualización das tarifas dos estacionamentos de Belvís e de Xoán XXIII. Ademais, deuse conta da resolución da convocatoria de cheques de consultoría posta en marcha pola Concellería de Comercio no marco do programa Urbana Santiago Norte.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o seu tradicional festival de Nadal
O venres 21 de decembro, ás 19:00 horas, o Teatro Principal acollerá o Festival de Nadal que tradicionalmente organiza nesta datas a Escola Municipal de Música, iniciativa que ven a sumarse a ampla programación cultural e educativa da nosa cidade durante o Nadal.
ALCALDÍA
O alcalde felicitou o Nadal aos composteláns
O salón vermello de Raxoi acolleu a tradicional recepción de Nadal á cidadanía de Santiago, a través da cal o alcalde, Ángel Currás, felicitou as festas aos composteláns.
ALCALDÍA
O alcalde expresa ante os traballadores municipais o seu desexo de que en 2013 se albisque un "horizonte de esperanza"
Celebrouse no salón vermello de Raxoi a tradicional recepción de Nadal aos traballadores municipais, presidida polo alcalde compostelán. Tanto Ángel Currás como a concelleira de Persoal, Amelia González, expresaron o seu desexo de que, tamén para os funcionarios públicos, o 2013 sexa menos dificultoso que o 2012 e que no novo ano se albisque un "horizonte de esperanza" fronte á crise económica.
XUVENTUDE
Os sete finalistas de MúsicaXove 2012, en directo no concerto final do certame
O MúsicaXove’12, certame organizado pola Concellaría de Xuventude, chega ao seu concerto final. O xoves 20 de decembro, a partir das 21:00 horas, na Sala Capitol, os sete finalistas tocarán obrigatoriamente en directo os dous temas presentados na maqueta e dous temas a maiores de elección libre.
CULTURA
Quince novas propostas no ciclo Compostela Rock para o ano 2013
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Compostela Rock para o ano 2013. Son 15 propostas musicais en diferentes lugares da cidade as que se presentaron agora e que irán aumentando ao longo do ano con novos concertos. Inaugúrase a programación do Compostela Rock 2013 con El columpio asesino, unha das bandas de moda do panorama indie español, que chega dende Pamplona á Sala Capitol o 10 de xaneiro para pechar a xira de presentación do seu disco Diamantes.
ECONOMÍA
ADNteen fomentará o espírito emprendedor entre os mozos de 12 a 14 anos
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a presidenta de ADNideas, María Bobillo, presentaron ADNteen, un programa de fomento da cultura emprendedora entre os estudantes do Ensino Secundario, de 12, 13 e 14 anos. Trátase dun programa pioneiro en Galicia, organizado por ADNideas e coa colaboración do Concello a través do programa municipal Santiago Investors Support. Celebrarase os días 26, 27 e 28 de decembro no edificio Cersia.
DEPORTES
Xornadas no Restollal para promover a práctica da ximnasia rítmica
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Nadal Rítmica Compostela, que se celebrará durante as mañás dos días 26, 27 e 28 de decembro no pavillón do Restollal. Estas xornadas, organizadas polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, pretenden promover a práctica deste deporte na cidade.
ALCALDÍA
Agradecemento municipal aos traballadores xubilados en 2012 polo seu labor de tantos anos en prol da cidade
Como cada ano por estas datas, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio foron recibidos polo alcalde, Ángel Currás. No acto entregóuselles unha placa en recoñecemento polo seu labor durante tantos anos no Concello de Santiago.