AUDITORIO DE GALICIA
O Auditorio de Galicia acollerá a exposición Isabel Muñoz
Dende o sábado 11 de febreiro e ata o 16 de abril o Auditorio de Galicia acollerá a exposición Isabel Muñoz. A inauguración, que contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 13.30 horas.
ALCALDÍA
O Centro Galego de Arte Contemporáneo presenta en Sofía a mostra "Destino: Santiago"
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, asisten en Sofía á inauguración dunha nova sede doInstituto Cervantes na capital búlgara.
O acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos Príncipes de Asturias e polo presidente da República de Bulgaria, Georgi Parvanov.
TRANSPORTE PÚBLICO
O plan de transporte comarcal achegará melloras do servizo
O Concello de Santiago someterá á aprobación do Pleno municipal o xoves 16 de febreiro o convenio para o desenvolvemento do transporte metropolitano na área de Compostela. A posta en funcionamento do transporte metropolitano comarcal, que implicará novidosas melloras para o usuario, podería completarse antes do verán.
REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA
Técnicos en rehabilitación de Latinoamérica visitan Compostela
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, expresou os seu agradecemento á directora do Programa de Patrimonio Cultural de Iberomérica (AECI), Amparo Gómez-Pallete, por escoller a nosa cidade como un dos exemplos de rehabilitación modélicos para ser visitados por un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI).
REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA
O alcalde recibe á un grupo de técnicos latinoamericanos en rehabilitación
Un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI) visitará o xoves, 8 de febreiro, Santiago de Compostela ao obxecto de coñecer a experiencia de rehabilitación do patrimonio histórico da capital de Galicia, recoñecida internacionalmente con numerosos premios e distincións polo seu carácter exemplar.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibe ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil, José María Ezeiza Díaz, quen tomou posesión do seu novo destino en Compostela o pasado 10 de xaneiro.
O novo responsable da Garda Civil nun ámbito de dezasete municipios departeu con Sánchez Bugallo sobre aspectos concernentes á seguridade na nosa cidade.
A preguntas da prensa Ezeiza Díaz lembrou que Galicia está por baixo da media estatal nos índices de...
CULTURA
Comenza o ciclo de cine "8 Olladas para o Milenio"
A Coordenadora Galega de ONG’s polo Desenvolvemento, en colaboración coa Dirección Xeral de Coopoeración Exterior da Xunta de Galicia e da concellería de Cultura do Concello de Santiago, organiza, do 9 ao 12 de febreiro, no Teatro Principal, o ciclo de cinema solidario " 8 Olladas para o Milenio".
TURISMO
Aumenta a afluencia de turistas estranxeiros no primeiro mes do 2006
As estatísticas turísticas de xaneiro confirman un crecemento sostido da porcentaxe de visitantes estranxeiros no total de consultas realizadas nas oficinas de turismo municipais. Italianos, alemáns e británicos son as nacionalidades con subas máis espectaculares.
Turismo
225 turoperadores asisten en Tenerife á presenatción da campaña de promoción de Santiago e Galicia e
Despois da recente presentación en Palma de Mallorca da campaña ‘Santiago, Puerta de entrada de Galicia’, o sector turístico presentou o mércores 7 de febreiro en Tenerife a devandita campaña, para promover a viaxe desde as illas canarais a Santiago de Compostela con paquetes culturais de estancia longa.
AUDITORIO DE GALICIA
A obra de Fernández Pidal "Intimidade" acadou o quinto accésit do IV Premio Auditorio de Galicia
Fernando Fernández Pidal foi elexido polo público visitante da exposición como gañador do quinto accésit, dotado con mil douscentos euros, do IV Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005. A exposición das obras participantes nesta convocatoria foi clausurada o pasado 5 de febreiro.