ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina un convenio con FEAFES para a cesión de tres vivendas

22/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou esta mañá un convenio coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), representada polo seu presidente, José Ramón Girón. Esta entidade é unha das que participa na Mesa de traballo e coordinación sobre as persoas sen teito.

Ler máis

CONVIVENCIA

Compostela celebrará a noite de San Xoán con máis de 60 cacharelas públicas

22/06/2016

Santiago vai celebrar por todo o alto a noite de San Xoán, e como é habitual serán centos as cacharelas públicas e privadas que se celebrarán por todo termo municipal. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe das autorizacións tramitadas, nunha rolda de prensa na que o xefe dos Bombeiros lembrou a importancia de cumprir as normas de seguridade para estas fogueiras.

Ler máis

CONSORCIO

Este domingo, último día para percorrer a exposición de fotografías de Xurxo Lobato sobre Rosalía de Castro na Casa do Cabido

22/06/2016

Baixo o título Airiños Aires, Rosalía, a Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle dende principios de abril unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo Xurxo Lobato rende homenaxe á ilustre poetisa. Este domingo, 26 de xuño, é o último día para percorrer a mostra, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. Durante estes meses visitaron a exposición unhas 5.500 persoas.

Ler máis

TURISMO

Marta Lois apunta o turismo deportivo como alternativa á estacionalidade

22/06/2016

A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu no Pazo de Altamirá á presentación dunha tese doutoral sobre o gasto que realizan os asistentes aos partido do Obradoiro. O estudo, realizado por Jesyca Salgado, profesora do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo, leva por título Repercusión do turismo de eventos deportivos dende a óptica dos patróns de gasto e o impacto económico: aplicación a unha liga profesional e está baseado nos partidos...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

Jorge Duarte preséntalle á veciñanza o proxecto de peonalización de San Pedro

21/06/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentoulle onte á veciñanza de San Pedro o proxecto de peonalización da rúa principal do barrio, que entrará en vigor o un de xullo. Foi nunha xuntanza celebrada na Casa da Xuventude, e que contou coa participación de máis de 60 persoas.

Ler máis

CONVIVENCIA

Obradoiro de graffiti para o alumnado do IES Antón Fraguas no marco do plan "Rúas"

21/06/2016

O IES Antonio Fraguas, en Fontiñas, será escenario mañá mércores dun novo obradoiro de graffiti, enmarcado no plan Rúas. O taller será impartido pola asociación Vella Escola, a partir das 10:45 horas, e está dirixido ao alumnado do instituto. Este é o terceiro obradoiro deste tipo, despois dos celebrados con éxito no Centro Sociocultural de Vite e no centro comercial Área Central.

Ler máis

FACENDA

Arrincan os Orzamentos Participativos

21/06/2016

O punto de lanzamento dos Orzamentos Participativos, que permitirá escoller á cidadanía de Compostela en que quere investir 1.100.000 euros do orzamento total municipal para 2017, será o martes 28 de xuño na Casa das Asociacións de Cornes, a partir das 20:00 horas, na sala multiúsos do andar superior. Trátase da primeira xuntanza do grupo motor, que se artellará arredor do tecido asociativo compostelán e do Consello de Relacións Veciñais, pero aberto á incorporación de persoas a título...

Ler máis
Compartir: