SERVIZOS BÁSICOS
Nota aclaratoria sobre a recollida de lixo das illas de quita e pon en Salgueiriños
Ante as imaxes difundidas en diferentes redes e medios de comunicación nas que se amosa a varios operarios de Urbaser realizando a recollida de lixo dos contedores das illas de quita e pon do casco histórico en Salgueiriños, o Concello de Santiago quere realizar as seguintes aclaracións:
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Homenaxe ao último alcalde de Enfesta, Manuel Balado, co descubrimento dunha placa que rescata a súa memoria no centenario do seu nacemento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe ao acto de descubrimento dunha placa conmemorativa, no número 1 do lugar de Mourentán, na que se recupera a memoria do último alcalde do antigo concello de Enfesta, Manuel Balado Hermida, con motivo do centenario do seu nacemento.
BARRIOS E OBRAS
A Xunta de Goberno ten previsto aprobar este luns a licitación da reforma do Mercado de Abastos
A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar, o próximo luns, a licitación do "Proxecto básico e de execución da reforma da Praza de Abastos", que conta cun orzamento base de licitación de 518.710,53 euros, IVE engadido. O proxecto contempla actuar sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Cambio Climático e a Resiliencia centrarán o martes 25 de abril o terceiro Encontro Emprendedor da Axenda Urbana 2030 de Santiago
O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúa a súa andaina coa terceira sesión. Desta volta, centrarase na temática do Cambio Climático e a Resiliencia. A cita terá lugar o vindeiro martes 25 de abril entre as 10.00 e as 12.00 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A asistencia é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario en liña.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e Paradores presentan a súa oferta turística no Porto
O Grupo presentou a oferta turística e cultural das 15 cidades nunha acción conxunta con Turespaña e Paradores. O presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, destaca que "España manterase como destino internacional preferente para os portugueses no verán 2023".
FESTAS
A Festa dos Maiores terá un custe de 7,5 euros por persoa
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe o prezo público para a Festa dos Maiores: 7,50 euros por persoa usuaria. Tamén se deu luz verde á concesión de subvencións a nove entidades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o Día do Libro coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido esta fin de semana
O Consorcio de Santiago conmemorará esta fin de semana o Día Internacional do Libro coa entrega de balde de publicacións coeditadas polo propio Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza de Praterías) o sábado 22 e o domingo 23 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
Et Suseia Danza estrea a próxima semana ‘O que non se ve’ no Teatro Principal
Será o vindeiro venres, 28 de abril, ás 20.30 h nun espectáculo no que unen os dous estilos de danza: a tradicional galega e a contemporánea. As entradas, a 10 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) poden mercarse na web compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C ou no do Teatro o propio día do evento.
EDUCACIÓN
Do 24 de abril ao 7 maio estará aberto o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de verán VacaLudos do espazo de lecer María Miramontes
A partir do 24 de abril e ata o 7 de maio (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de verán VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre os meses de xuño e setembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda solicitar a cesión dun inmoble no Ensanche á Seguridade Social para a posta en marcha dun centro polivalente para as persoas maiores
O pasado luns a Xunta de Goberno local deu luz verde á solicitude por parte do Concello á Tesouraría Xeral da Seguridade Social da cesión gratuíta de dous locais, situados na planta baixa do número 17 da rúa de San Pedro de Mezonzo, por un prazo de 25 anos, co fin de implantar un centro de atención polivalente dirixido ás persoas maiores. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deron conta deste asunto nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no...