ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE

Comezan as obras da fase III de Vista Alegre

22/08/2016

Esta mañá comezaron as obras da fase III de Vista Alegre, que permitirán rebaixar as cotas da calzada nas rúas Bispo Diego Peláez e Santa Comba. Tal e como adiantara o concelleiro de Espazos Cidadáns, os traballos vanse desenvolver de forma simultánea, con dous equipos de obra diferentes.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Xunta de Goberno aproba os prezos dos servizos de comedor e de madrugadores

22/08/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prezos públicos dos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria, para o curso 2016-2017. O prezo que deberán pagar os usuarios polo xantar queda fixado en 4,50 euros, IVE engadido, mentres que o do almorzo será de 1,93 euros, tamén con IVE engadido.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O próximo luns comeza a terceira fase das obras do barrio de Vista Alegre

19/08/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe do inicio da fase III das obras de mellora da mobilidade e accesibilidade de Vista Alegre. Os traballos arrancarán o próximo luns, e tal e como explicou Jorge Duarte, executaranse con dous equipos distintos e de xeito simultáneo nas rúas Bispo Diego Peláez e Santa Comba.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina máis de 600.000 euros a obras de reparación e mantemento en instalacións municipais

19/08/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe abrir o procedemento de obras de reparación e mantemento en diversas instalacións dependentes do Concello de Santiago, ás que se destinarán un total de 630.680 euros, IVE incluído. Desa cifra, a maior partida será para o Departamento de Educación, que disporá de 400.000 euros para actuacións de mellora nas dependencias da súa responsabilidade.

Ler máis

CONVIVENCIA

Protección Civil de Santiago colabora en labores de seguridade no Camiño Francés

19/08/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia participou hoxe en Melide no acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e sete Agrupacións de Protección Civil dos concellos do Camiño Francés. Xan Duro subscribiu en nome do Concello de Santiago ese acordo, que ten como obxectivo promover a colaboración en materia de prevención de riscos, información sobre seguridade e socorro aos peregrinos e peregrinas que se dirixen a Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello, satisfeito coa decisión do TSXG de reclamar a creación do cuarto xulgado do Social en Santiago de Compostela

18/08/2016

O Goberno local vén de manifestar a súa satisfacción despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reclamara a creación do cuarto xulgado do Social de Santiago. O alto tribunal galego incluíu esta demanda na súa memoria relativa a 2015, na que solicita seis novas salas para toda Galicia, unha delas a de Compostela. A súa creación xa fora reivindicada tamén polo Concello de Santiago, a través dunha declaración institucional aprobada no pleno ordinario do pasado mes de novembro.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A concelleira de Desenvolvemento Económico visita as actividades do "Efecto Proximidade"

18/08/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, achegouse este mediodía ao mercadiño de Salgueiriños, para coñecer de primeira man a marcha do programa Efecto Proximidade. As actividades retornaron hoxe ao mercado, e repetirán os xoves 25 de agosto e 1 de setembro. O obxectivo, segundo lembrou a edil, é "dinamizar o mercadiño de Salgueiriños, a través de elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos". Do seu desenvolvemento encárgase...

Ler máis
Compartir: