NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A concelleira de Normalización Lingüística chama á participación cidadá nos actos de celebración das Letras Galegas

20/04/2011

Guadalupe Rodríguez, concelleira de Normalización Lingüstica e Participación Cidadá, presentou en rolda de prensa un avance dos actos programados polos departamentos que dirixe con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. As actividades centrais terán lugar o 17 de maio pero haberá máis ao longo de todo o mes.

Ler máis

ALCALDÍA

Enfesta lembra a súa historia como concello

20/04/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o libro Historia do Concello de Enfesta, escrito por Juan Lema e Henrique Neira e promovido pola Asociación de Veciños Ruta Xacobea.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio aproba axudas para a Casa da Troia e para a rehabilitación de vivendas da Cidade Histórica por máis de 50.000 euros

20/04/2011

O Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu hoxe a Comisión Executiva do organismo interadministrativo. Na reunión aprobáronse axudas á rehabilitación e mantemento de vivendas na Cidade Histórica de Santiago por importe de 23.851 euros, relativos aos diferentes programas de recuperación urbana desenvolvidos dende o Consorcio de Santiago: rehabilitación de vivendas e locais comerciais, rehabilitación de elementos singulares de madeira e programa de mantemento "Ter é...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que axiliza a apertura de determinados locais e actividades

19/04/2011

A Xunta de Goberno local vén de dar luz verde ao proxecto de ordenanza que regulará a tramitación de actividades. Grazas a esta norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura, que será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable o proceso. O proxecto foi presentado en rolda polas concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Ler máis
Compartir: