ALCALDÍA E MEDIO RURAL

O alcalde e Ferusa acordan impulsar un "pacto polo rural" que garanta o reequilibrio territorial

04/10/2017

O alcalde e Ferusa acordaron avanzar nun "pacto polo rural", que defina "un mínimo de investimentos nas parroquias co obxectivo de garantir o reequilibrio territorial". Foi no transcurso da reunión que Martiño Noriega mantivo hoxe coa directiva da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago, e na que tamén participou o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Concello, Hostalería e Compostela Inserta únense para a recollida de aceite vexetal usado

03/10/2017

A Concellaría de Medio Ambiente, a Asociación Hostalería Compostela e a empresa de inserción laboral Compostela Inserta asinaron este martes un convenio de colaboración para a recollida de aceites usados na hostalería. Para difundir esta campaña repartirase entre os hostaleiros e hostaleiras unha serie de documentos para concienciar sobre a necesidade da reciclaxe deste tipo de residuos.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera "A sonámbula", de Bellini, en versión concerto

02/10/2017

A Real Filharmonía de Galicia porá en escena esta semana a ópera A sonámbula, do compositor italiano Vincenzo Bellini, en versión concerto. A orquestra ofrecerá dúas actuacións, o venres 6 na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas; e o domingo 8 no Teatro Afundación de Vigo, ás 19:30 horas. Estes concertos son unha coprodución da Real Filharmonía de Galicia e o Outono Lírico de Amigos da Ópera de Vigo, en colaboración con Amigos da...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reivindica "a unión universal e eterna" de Roma e Santiago

02/10/2017

O alcalde, Martiño Noriega, reivindicou hoxe que "a diversidade é o verdadeiro valor do Camiño de Santiago, nun mundo cada vez máis interconectado no que non debemos ceder ás tentacións da uniformidade". Foi durante a inauguración do festival "Remover Roma con Santiago", na igrexa San Pietro in Montori da capital italiana.

Ler máis
Compartir: