CONSORCIO

O trompetista principal da Sinfónica de Sevilla, o galego José Forte, impartirá clases a intérpretes noveis

08/11/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do trompetista galego José Forte, que é o primeiro ex-alumno da Escola que ofrece clases no centro. Xunto ao/ás estudantes da EAEM, tamén poden asistir músicos/as...

Ler máis

TURISMO

Santiago promociónase na feira turística máis importante do Reino Unido

08/11/2017

Turismo de Santiago está a promocionar a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 6 e o 8 de novembro. Nesta feira participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio financiará con 50.000 euros o cambio da sinaléctica do aeroporto para darlle o nome de Rosalía de Castro

07/11/2017

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza aprobáronse varios asuntos de trámite ordinario. E, ademais, avanzouse nas principais liñas e proxectos que integrarán o presuposto do vindeiro ano, contando coas mesmas aportacións que as do presente exercicio por parte das tres administracións, que suman un importe global lixeiramente superior aos 9 millóns de euros, aínda que...

Ler máis

MANTEMENTO E OBRAS

A reurbanización de Rapa da Folla estará executada antes de que acabe o ano

07/11/2017

O concelleiro de Medio Rural, Obras e Mantemento para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio inminente de varias actuacións, que viñan sendo moi demandadas pola cidadanía. Entre elas, Rafael Peña referiuse á reurbanización de Rapa da Folla e á actuación para a mellora da seguridade viaria na Cañoteira de Meixonfrío.

Ler máis

IGUALDADE

A campaña "En negro contra as violencias" chega ao Parlamento Europeo

07/11/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM) do Parlamento Europeo a campaña Galicia en negro contra as violencias machistas. Marta Lois e o resto da delegación galega desprazada a Bruxelas foron recibidos pola presidenta e o vicepresidente da Comisión de Igualdade, a lituana Vilija Blonkeviciute e o portugués Joao Pimenta.

Ler máis

SOLIDARIEDADE

O Fondo Galego de Cooperación conmemora os seus 20 anos cun grande acto festivo e reivindicativo

06/11/2017

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Santiago, conmemora os seus vinte anos de andaina cun gran acto que combinará a reivindicación da loita contra a pobreza e a defensa dos Dereitos Humanos con actividades de carácter lúdico para concienciar fronte as desigualdades. Preto dun cento de representantes de concellos galegos, da Xunta e de fondos de cooperación doutras comunidades autónomas, entre outros, confirmaron xa a súa presenza na xornada, que se desenvolverá o vindeiro xoves, 9 de...

Ler máis
Compartir: