ACCIÓN CULTURAL
Chega a quinta edición do WOS Festival con figuras de culto, estreas en España e os artistas máis destacados dos últimos dous anos
Esta mañá presentouse a quinta edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, festival multidisciplinar que terá lugar entre o 12 e o 16 deste mes en Santiago de Compostela. A rolda de prensa contou con intervencións do patrocinador principal, SON Estrella Galicia, e catro institucións colaboradoras. A mesa estivo composta por Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director de Agadic; Ana Isabel Vázquez, directora xerente da...
IGUALDADE
Recepción aos nenos e nenas participantes na última quenda do Verán CampUSC
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, recibiu os nenos e nenas partipantes na quinta e última quenda do Verán CampUSC. Con ela estiveron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.
DEPORTE
Aberto o segundo prazo para que as entidades deportivas se inscriban na II edición da Festa do Deporte
Dende hoxe e ata o 13 de setembro está aberto o segundo prazo para que as entidades deportivas da cidade se inscriban na vindeira edición da Festa do Deporte, que se celebrará os días 28 e 29 de setembro. Para iso é preciso que cubran o formulario de inscrición, dispoñible en deportes.santiagodecompostela.gal, e o presenten no Rexistro Municipal.
FACENDA
Este mércores 5 de setembro péchase o prazo para o pagamento voluntario do IBI
A Concellaría de Economía e Facenda lembra que o vindeiro mércores, 5 de setembro, é o último día para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.