ALCALDÍA

O Goberno local retoma os "Ao vivo" cun encontro coa veciñanza do rural leste

07/10/2017

O Goberno local retomou hoxe os "Encontros ao vivo", e fíxoo cunha xuntanza no CSC de Marrozos dirixida á veciñanza do rural leste. Este área engloba ás parroquias de Marrozos, O Eixo, Aríns e Angrois. No encontro participou o alcalde, Martiño Noriega, que explicou que estas reunións "teñen como obxectivo que o Executivo renda contas directamente diante da cidadanía, e que os veciños e veciñas lle fagan chegar as súas peticións, máis alá das que se tramitan a...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"El pintor de batallas" chega este domingo ao Auditorio

07/10/2017

El pintor de batallas é unha novela sobre a vinganza que viu a luz en 2006 da man do escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte e baixo o selo Alfaguara. Unha década despois, o texto toma forma teatral baixo a dirección de Antonio Álamo e coas interpretacións de Jordi Rebellón, ben coñecido polo público tras o seu paso por series televisivas como Hospital Central, Cuéntame cómo pasó ou Sin identidad, e Alberto Jiménez, tamén popular grazas ás...

Ler máis

MOCIDADE

En marcha a segunda edición das Aulas de Educación Canina

06/10/2017

A concelleira de Mocidade Noa Morales, presentou a segunda edición das Aulas de Educación Canina, que se impartirán durante este último trimestre do ano. Xunto a ela estiveron Iria Pérez e María Sabel, do club"Só lles falta falar", entidade encargada da actividade, xurdida no marco dos orzamentos participativos de Mocidade. A participación é de balde.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde inaugura o Foro de Cooperación Sino-Europea

06/10/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a apertura do Foro sobre a Cooperación Sino-Europea, que organizan o IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, en colaboración con Casa Asia. No evento vanse analizar as oportunidades que representa para Galicia e para Europa a Ruta da Seda, coa que China pretende construír unha rede comercial e de infraestruturas entre Asia e Europa que supere as antigas vías comerciais.

Ler máis

LINGUA

Teatro, música e moitos títeres na programación de outubro do Apego

06/10/2017

Outubro está cheo de actividades para nenos e nenas co programa Apego. O calendario deste mes concede especial protagonismo aos títeres, con varios espectáculos no marco do XXII Festival Internacional de Títeres Galicreques. Pero tamén haberá xogos, música e un obradoiro sobre crianza e bebeteca.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aberto expediente sancionador á empresa das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución

06/10/2017

A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar cadanseu expediente sancionador á empresa responsable das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución dos traballos correspondentes ás Fases I e II do proxecto. O contratista Eulogio Viñal terá un prazo de 15 días hábiles para presentar as súas alegacións, antes de que se fixen as penalidades correspondentes.

Ler máis

CONSORCIO

A Fundación Torrente Ballester acolle a parte da exposición dos 25 anos do Consorcio de Santiago que se exhibía no Colexio de Fonseca

05/10/2017

Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo inauguraba en xullo unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e a Fundación Torrente Ballester, que, debido á demanda de público, acolle a parte da mostra que ata agora se exhibía no Colexio de Fonseca. Inaugurarase este xoves, a partir das 19:00 horas, coincidindo coa presentación da Guía ilustrada das igrexas de Santiago de...

Ler máis
Compartir: