ACCIÓN CULTURAL

Galicreques ofrecerá máis de 40 funcións da man de 26 compañías procedentes de Galicia, España, Arxentina ou Francia

10/10/2017

O Festival Internacional Galicreques celebrará a súa 22ª edición entre o 14 e o 22 de outubro, cunha ampla programación con máis de 40 funcións e que contará cun marcado carácter internacional, ao traer a Compostela un total de 26 compañías procedentes de Arxentina, Chile, Francia ou Portugal, ademais de formacións galegas e do resto do Estado.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Unha mostra artística conmemora en Compostela o Día Mundial da Saúde Mental

10/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou nos actos con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde Mental, celebrados no Matadoiro Compostela. Coa concelleira tamén estivo Mar Piñeiro, presidenta da Asociación Fonte da Virxe, que reúne a familiares, amigos e persoas con enfermidades mentais. No Matadoiro expuxéronse traballos de pintura feitos por membros da Asociación e presentouse un vídeo elaborado por un equipo de técnicos que seguiu durante o verán as actividades...

Ler máis

PATRIMONIO

As cidades Patrimonio da Humanidade debateron en Alemaña sobre novas vías de conservación e promoción

09/10/2017

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre as que está Santiago de Compostela, participou no III Encontro Europeo de Asociacións de Patrimonio Mundial, celebrado en Lübeck (Alemaña). A este evento sumáronse cen representantes de asociacións e bens do Patrimonio Mundial chegadas de 15 países. A organización do Encontro correu a cargo da Asociación Alemana de Bens Patrimonio Mundial, o Comité Alemán da Unesco e o Concello de Lübeck.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Novo curso para a Escola de Música Popular Avanzada de aCentral Folque

09/10/2017

O proxecto docente co que naceu aCentral Folque hai máis de quince anos (daquela baixo o nome de Conservatorio de Música Tradicional e Folque) abre un ano máis as súas aulas. Agora denominado Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA), ofrece un lugar para a aprendizaxe, a práctica e a relación arredor da música de raíz galega cun enfoque contemporáneo e aberto. A concelleira de Acción Cultural, Branca Nonoveyra presentou esta mañá na Casa do Concello o programa do novo curso en compaña de Marcos...

Ler máis

ADMINISTRACIÓN

O Concello aproba dez novas prazas da oferta de emprego público de 2016

09/10/2017

O Concello de Santiago vén de aprobar recentemente as bases para oferta de emprego por oposición libre de persoal administrativo e persoal para o servizo de extinción de incendios. Nos próximos días serán publicadas no BOP e o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais dende o día seguinte a súa publicación.

Ler máis

MOCIDADE

Os grupos musicais de Compostela contarán con novos locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga

09/10/2017

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as obras para a habilitación de locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga. O obxectivo destes traballos, que xa comezaron hai uns días, é ofrecer un lugar de ensaio de calidade para as bandas e grupos de Santiago, que actualmente ensaian nas instalacións do Estadio de San Lázaro. Prevese que os novos espazos estean listos nun mes e medio.

Ler máis

TURISMO

Santiago viviu no 2017 a mellor temporada baixa dende o Ano Santo 2010

09/10/2017

O Auditorio de Galicia acolleu unha nova xuntanza do renovado Consello Municipal de Turismo. Na orde do día tratáronse tres puntos destacados: análise dos principais resultados turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, e presentación por parte do catedrático Luis Caramés do seu informe sobre a Taxa Turística.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos dedicados á música española

09/10/2017

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá esta semana dous concertos. O primeiro celebrarase mañá martes no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. E o mércores, tamén ás 20:30 horas, a orquestra tocará en Santiago, na súa sede, o Auditorio de Galicia. A batuta de ámbolos dous concertos levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da agrupación.

Ler máis
Compartir: