ALCALDÍA
O Concello e Mulleres pola Igualdade intercambiarán información
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, recibiron á presidenta da asociación Mulleres pola Igualdade, María Vázquez Sande.
ALCALDÍA
O Concello ofrece unha parcela en Conxo para un centro de día destinado a persoas con dano cerebral
O presidente da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", José Balboa, reuniuse en Raxoi co alcalde. Alí manifestoulle a intención da asociación de construír un centro de día e solicitou a colaboración municipal. Sánchez Bugallo ofreceulle unha parcela en Conxo para este fin.
CULTURA
O grupo Na Virada ofrece un concerto para escolares no Auditorio de Galicia
Dentro do ciclo Concertos Didácticos, o Auditorio de Galicia ofrecerá o martes 6, ás 11:00 horas, unha actuación do grupo Na Virada. Presentará un programa que vai da música tradicional á música de autor.
MOBILIDADE
O Concello recoñece o labor da Policía Local, Nacional, Bombeiros e Garda Civil no día do Santo Anxo da Garda
Celebrouse o patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo tiveron lugar na cidade varios actos que contaron coa presenza de distintas autoridades civís e militares.