IGUALDADE

O Concello lanza unha guía de linguaxe non sexista nas actuacións administrativas

24/08/2016

A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a psicóloga responsable do Centro de Información á Muller, Dolores Lajos, presentaron unha campaña de promoción da linguaxe non sexista posta en marcha polo Concello e destinada ao seu persoal. O material principal é unha guía que reflicte unha serie de recomendacións sobre a linguaxe non discriminatoria e non sexista, coa finalidade de utilizala nas actuacións administrativas, así como nas publicacións, anuncios e escritos.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"

24/08/2016

Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O mercadiño de Salgueiriños celebra a segunda xornada de "Efecto Proximidade" con contacontos e música

24/08/2016

Este xoves 25 de agosto terá lugar a segunda xornada de Efecto Proximidade no mercado de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.

Ler máis

TURISMO

A cidade vive o mellor mes de xullo en pernoctacións da última década polo crecemento do turismo doméstico

24/08/2016

Os datos do INE do mes de xullo confirman a boa evolución do sector turístico na cidade en relación ás pernoctacións. En especial, confirman a recuperación da demanda doméstica, que sufriu un claro retroceso e estancamento dende o comezo da crise económica no 2008. No pasado mes sumáronse 172.842 pernoctacións, cun crecemento do 12,79% respecto ao mes de xullo do ano pasado. É a mellor cifra de pernoctacións no mes de xullo da última década, por riba das cifras do Ano Santo 2010, cando houbo...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os comedores escolares estarán atendidos por monitores durante máis tempo e o servizo será avalado por unha nutricionista

23/08/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía deu conta hoxe de todos os detalles da adxudicación do servizo de comedores escolares á empresa Serunión, despois de que a Xunta de Goberno dera onte o último paso neste procedemento, coa aprobación dos prezos públicos dos almorzos e xantares. O edil adiantou tamén que se están organizando unhas xornadas específicas para debater sobre o modelo de comedores.

Ler máis

TURISMO

O Concello aposta polo turismo familiar con Pokésan, mapa de poképaradas e ximnasios de Santiago de Compostela

23/08/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou Pokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático de Pokésan, Camilo Ameijeiras.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega reúnese coa conselleira de Medio Rural para coordinar actuacións en relación ao incendio de Fecha

23/08/2016

O alcalde reuníuse hoxe coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, co obxectivo de coordinar actuacións en relación ao grave incendio rexistrado nas parroquias compostelás de San Xoán e Santa Cristina de Fecha. Martiño Noriega e a conselleira xa mantiveran un primeiro contacto a semana pasada, no que a responsable de Medio Rural adiantou a súa vontade de reunirse tamén cos representantes veciñais e cos afectados.

Ler máis

TURISMO

Renfe e Iberia ofertan prezos especiais para asistir en Santiago ao festival WOS

22/08/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a responsable de comunicación do WOS Festival, Ánxela Baltar, presentaron no Pazo de Raxoi os prezos especiais que ofertan Renfe e Iberia para as persoas que asistan ao evento, que se celebrará en Santiago do 7 ao 11 de setembro. Turismo de Santiago colaborou coa organización do WOS na consecución destes descontos.

Ler máis
Compartir: