ALCALDÍA

O alcalde compostelán, sorprendido polas descualificacións ante a cesión do edificio para o Centro de Recuperación Integral

23/12/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, declarouse sorprendido por ter recibido "insultos e descualificacións, en vez de recoñecemento" pola cesión municipal do edificio da antiga Casa de Acollida, en San Lourenzo, para o futuro Centro de Recuperación Integral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero. Con todo, declarouse disposto a revocar este acordo se a Xunta quere unha parcela para a construción dun edificio novo, malia ter manifestado o contrario.

Ler máis

URBANISMO

EMUVISSA xestionará ata 2014 un total de 26 hectáreas de solo residencial para 2.200 vivendas protexidas

23/12/2009

O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou unha previsión de ingresos para 2010 de 13,8 millóns de euros. Estas contas forman parte dun marco plurianual de actuación ata 2014, período no que Empresa Municipal de Vivenda e Solo vai xestionar e urbanizar 26 hectáreas de solo residencial para 2.200 vivendas protexidas e 45 hectáreas de solo para usos empresariais. O investimento global previsto ata o 2014 é de 82 millóns de euros, á marxe doutras encomendas...

Ler máis

EDUCACIÓN

Acampada no Centro de Interpretación Rural da Portela

23/12/2009

Os días 28 e 29 de decembro terá lugar unha acampada no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela, situado na parroquia de Figueiras. Serán 45 os nenos e nena as participantes, alumnos dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º do Colexio A Milagrosa de Santiago de Compostela.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello cede o inmoble da antiga Casa de Acollida para o Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres

22/12/2009

A Xunta de Goberno aprobou na súa última sesión a modificación do acordo do 5 de maio de 2008 de concesión á Xunta de Galicia do inmoble da antiga Escola Raíña Fabiola, en San Lourenzo, para a construción do Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres en Situación de Violencia. Deste xeito, cédese o edificio independente da anterior Casa de Acollida, permanecendo o edificio de uso sociocultural para tal fin.

Ler máis

CULTURA

Holga Méndez recibe o VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

22/12/2009

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, entregou a Holga Méndez o primeiro premio do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2009. No acto de entrega, que tivo lugar na sala de exposicións do Auditorio de Galicia, participou tamén o director do centro, Paulo Rodríguez. Holga Méndez (Pontevedra, 1971) impúxose aos outros 157 participantes no certame coa obra Reflexos: réplicas (Diálogos en Unland). O premio está dotado con 6.500 euros.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Trinta e cinco persoas condenadas por delitos leves poderán cumprir as penas con traballos en beneficio da comunidade

22/12/2009

A Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun convenio entre o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade. A iniciativa ten como obxetivo mellorar as posiblidades de integración no mercado laboral das persoas condenadas por delitos de carácter leve e menos grave, co fin de que redunde nunha redución da reincidencia.

Ler máis
Compartir: