FESTAS
A banda Emir Kusturica & TNSO, gran atracción dunhas festas da Ascensión con máis de 50 actuacións musicais
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa da Ascensión 2010. En total serán sete días de festa, do 12 ao 18 de maio, con máis de 50 actuacións musicais durante sete xornadas
PLENO
As 2.200 vivendas protexidas da Pulleira cubrirán o 100% do uso residencial previsto para o primeiro cuadrienio do PXOM
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, compareceu a petición propia ante o Pleno municipal para informar sobre a xestión urbanística ao longo de 2009 e no que vai de 2010. Segundo indicou, as actuacións realizadas neste período seguen a garantir "a igualdade de oportunidades de acceso a unha vivenda digna, o impulso á implantación e ampliación de actividades económicas e a integración da cidade nas redes de comunicación galegas e co resto de España".
PLENO
Facenda axustará o Plan Económico Financeiro do Concello 2010-2011
A concelleira de Facenda, Rosa Fernández, deu conta ao Pleno da liquidación do orzamento ordinario correspondente ao exercicio de 2009, xa aprobada en Xunta de Goberno. Así mesmo, explicou o grao de desviación que o peche do ano 2009 supón nas estimacións e obxectivos do Plan Económico Financeiro (PEF) do Concello aprobado para o período 2009-2011.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa directiva da Asociación de Periodistas de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polo seu presidente, Luis Menéndez.
EDUCACIÓN
As matemáticas, dun xeito divertido
O mércores 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas. Aproveitando esta celebración, a Concellería de Educación, en colaboración coa Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza unha edición máis o Concurso de Enxeño e Entretemento Matemático. Participarán uns 120 escolares de centros composteláns e da comarca.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello promove o uso da lingua galega nunha nova edición do Maio das Letras
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxean ao poeta Uxío Novoneyra. Para conmemorar esta data e promover o uso da lingua galega, a Concellería de Normalización Lingüística preparou un amplo programa de actividades, que inclúe recitais de poesía, obradoiros, festas, probas lúdicas e unha exposición.
ALCALDÍA
Douscentos integrantes da Asociación de Párkinson culminan a súa peregrinación
A peregrinación de 200 persoas da Asociación de Párkinson de Galicia chegou a Compostela. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, pasou a saudalos na praza do Obradoiro.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente recuperará o curso do río Corgo e creará unha nova zona verde ao seu carón en Salgueiriños
A restauración do curso do río Corgo suporá unha gran mellora da calidade ambiental no ámbito dos Salgueiriños e a súa zona de influencia", indicou Elvira Cienfuegos a propósito da intervención que se vai realizar neste barrio da zona norte da cidade. A concelleira de Medio Ambiente presentou aos medios este proxecto, acompañada por Rocío Castro, de Argé paisajismo, empresa á que se encargou o deseño da intervención.
COMERCIO
O Concello de Santiago ofrece unha recepción aos representantes dos comercios homenaxeados en 2010
O Concello de Santiago ofreceu unha recepción a representantes dos comercios seleccionados na convocatoria Homenaxe ao comercio de Compostela 2010, e de establecementos premiados en programas desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
ALCALDÍA
O alcalde presentaralle á Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo o programa Santiago-Une
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá mañá xoves en Raxoi unha reunión de traballo coa Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo. Presentarlles o programa Santiago-Une: O Camiño de Santiago, une, integra e ilusiona ós cidadáns dende a Idade Media.