CULTURA

Marful regresa co seu "Manual de Sedución"

28/04/2011

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e os catro membros de Marful presentaron no Concello o concerto que a banda dará o sábado 30 de abril no Auditorio. Será ás 22:00 horas e nel Marful presenta en Compostela o seu último traballo Manual de Sedución.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS

Nova convocatoria de solicitude de composteiros para os fogares composteláns

28/04/2011

O Concello de Santiago abre unha nova convocatoria para aqueles veciños que queiran facer uso dos composteiros para reciclar como abono o seu lixo orgánico. Repartiranse uns 50 recipientes, sumándose aos máis de 500 que xa foron repartidos nos fogares composteláns dende que se puxera en marcha a iniciativa en 2003.

Ler máis

CULTURA

SCQ Danza trae "Habelas", de Traspediante

28/04/2011

O ciclo SCQ Danza, que organiza a Concellería de Cultura, ten unha nova cita no calendario o venres 28 de abril. Nesta ocasión trátase de Traspediante co seu espectáculo Habelas, unha coreografía de Begoña Cuquejo e Marta Alonso dirixida pola propia Begoña Cuquejo.

Ler máis

PLENO

Visto bo da Corporación municipal á ordenanza que eximirá da licenza de apertura a determinados establecementos

28/04/2011

A Corporación municipal, reunida na sesión ordinaria de abril do Pleno, aprobou inicialmente a ordenanza que regulará a tramitación de actividades. En virtude desta nova norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura. Esta será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable a tramitación.

Ler máis

ALCALDÍA

En marcha as actividades da Rede de Cooperación Local 2011

27/04/2011

O alcalde de Santiago presidiu o primeiro encontro da Rede de Cooperación Local neste ano 2011. No marco deste encontro tivo lugar a conferencia "Que teñen en común Inditex, Ikea e Dell e podemos utilizar mañá nas nosas empresas?", a cargo do relator Manuel A. Castro Hermida, enxeñeiro superior industrial. Universidade de Vigo. Programa de Alta Dirección, Escola de Negocios Caixanova. A conferencia versou sobre os sistemas de xestión da cadea de subministro na empresa para poñela ao servizo do cliente. Esta...

Ler máis

CONSORCIO

A Catedral será a protagonista da quinta edición do Compostela Organum Festival

27/04/2011

A quinta edición do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago, regresa un ano máis, nesta ocasión da man do programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Unha vez rematado o Festival de Músicas Contemplativas, as igrexas do casco vello compostelán volverán ser escenario de concertos, esta vez cos seus órganos como protagonistas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O proxecto da Vía Verde que unirá Santiago e Ordes estará listo en maio

26/04/2011

A Xunta de Goberno deu o visto bo á ampliación do prazo de execución dos traballos de redacción do devandito proxecto nunha sesión na que tamén se aprobaron 26 expedientes sobre beneficios fiscais no imposto sobre vehiculos de tracción mecánica, no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e no imposto sobre bens inmobles.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello e Santiago Centro programan actuacións e agasallos para incentivar o comercio do Ensanche na primavera

26/04/2011

A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e o presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, presentaron a campaña "Divírtete mercando!! De compras e algo máis...participa na primavera do Ensanche", que ten como obxectivo fomentar a compra nos comercios da zona centro da cidade programando unha serie de actividades paralelas.

Ler máis
Compartir: