ACCIÓN CULTURAL

Santiago de Compostela, cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

29/03/2016

Compostela é a cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que celebrará do 21 de abril ao 9 de maio a súa cuadraxésimo segunda edición. Por este motivo, a Xunta de Galicia organizou un amplo programa de actividades, no que colabora o Concello de Santiago. Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron un avance da programación na Cidade da Cultura, nunha rolda de prensa á que...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Esgotadas as entradas para os dous concertos de Ses no Teatro Principal

29/03/2016

María Xosé Silvar, Ses, presenta o seu terceiro disco, Tronzar os valos, en dous concertos esta semana no Teatro Principal. Este último traballo chega despois dos tamén exitosos Admirando a condició e Co xenio destrozado. Os concertos serán mañá mércores e de novo o xoves, ambos ás 21:00 horas. As entradas para os dous concertos están esgotadas dende hai días.

Ler máis

CONVIVENCIA

O programa Colecamiños chega tamén ao colexio Raíña Fabiola

29/03/2016

Despois de case medio ano funcionando con éxito no CEIP Pío XII, o programa Colecamiños chegou hoxe ao CEIP Raíña Fabiola. Fíxoo cunha única ruta, coincidente coa establecida dende Galeras para o Pío XII, e con oito nenos e nenas participantes, un número aceptable tendo en conta o mal tempo e o feito de estarmos á volta das vacacións de Semana Santa. Nas próxima semanas, a Policía Local continuará co traballo de difusión deste camiño escolar seguro, co obxectivo de que se...

Ler máis

CONSORCIO

A virtuosa violinista letona Baiba Skride tocará esta semana coa Real Filharmonía de Galicia cun Stradivarius de 1734

28/03/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, o venres, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas. En ambas actuacións levará a batuta o mestre burgalés Eduardo Portal, de 32 anos, que foi director asistente, entre outras, da Orquestra Filharmónica de Londres e da Joven Orquesta Nacional de España. O concerto de Santiago retransmitirase en directo por streaming a...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago avanza nas obras da igrexa do convento de Santa Clara, moi afectada pola humidade

28/03/2016

O Consorcio de Santiago está a intervir na igrexa do convento de Santa Clara, afectada pola entrada da auga da chuvia e por unha alta humidade no seu interior, circunstancia moi negativa para os bens de alto valor que posúe, entre eles os retablos e un magnífico órgano barroco. As obras estanse a centrar nas revocaduras do inmoble, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa.

Ler máis

TURISMO

As consultas na Oficina de Información Turística de Santiago incrementáronse un 17% nesta Semana Santa

28/03/2016

O persoal da Oficina de Información Turística de Santiago atendeu nesta Semana Santa 5.428 consultas presenciais, un 17% máis que as 4.644 que se atenderon no ano 2014. É a cifra máis alta de consultas atendidas na oficina de Turismo de Santa durante as datas de Semana Santa dos últimos anos. Trátase dun dato positivo, especialmente tendo en conta que nesta ocasión a Semana Santa caeu moi cedo, na segunda quincena de marzo.

Ler máis
Compartir: